RESUMO ELABORADO POR
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”
— ORDE do 18 de novembro de 2020 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento a adegas do dereito a préstamos de campaña no ano 2020 garantizados polo instrumento financeiro de xestión centralizada Feader 2014-2020, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (código de procedemento MR364A). Consellería do Medio Rural DOG Nº 235, 20/11/2020.
OBXECTO
A presente orde ten por obxecto regular o procedemento para o recoñecemento do dereito á subscrición de préstamos de campaña a adegas de elaboración de viño na campaña 2020, garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada Feader 2014-2020, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020
DESTINATARIO FINAL DOS PRÉSTAMOS GARANTIZADOS POLO INSTRUMENTO FINANCEIRO
Terán a consideración de destinatarias finais dun préstamo as pemes agroalimentarias que sexan titulares de adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas, e que logo de informe favorable de solvencia crediticia da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria, en diante SAECA, obteñan o recoñecemento do dereito ao dito préstamo por parte da Consellería de Medio Rural e o formalicen.
FINALIDADE E CARACTERÍSTICAS DOS PRÉSTAMOS GARANTIZADOS POLO INSTRUMENTO FINANCEIRO
Os préstamos a que se refire esta orde destinaranse á adquisición de uva na campaña 2020, así como, no caso de procesado de uvas de produción propia, a financiar o capital circulante de explotación, todo iso co obxecto de elaborar viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas.
s características destes préstamos establécense no Convenio entre o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal, e as entidades financeiras para facilitar os préstamos garantidos polo instrumento financeiro de xestión centralizada, e serán amparables por esta orde exclusivamente os correspondentes a unha duración total de 5 anos con un (1) de carencia. Conforme o convenio indicado, o tipo de xuro preferente a que se formalizarán os préstamos será o resultado de sumar ao euríbor a un ano, correspondente ao segundo mes anterior ao de formalización do préstamo, un diferencial de dous puntos, arredondado o resultado a tres decimais.
O importe máximo por beneficiario do préstamo ou prestamos garantidos é o correspondente ao importe total da uva para adquirir ou adquirida a terceiros na campaña 2020.
Así mesmo, no caso de uva procesada producida na explotación do solicitante, serán tamén amparables préstamos destinados a financiar o capital circulante de explotación. Neste caso, o importe máximo do préstamo obterase multiplicando a produción, en quilos de uva declarada da campaña 2020 destinada a vinificacion propia, polos seguintes coeficientes:
– Uvas acollidas a denominación de orixe: variedades preferentes 1,2 €/kg; variedades autorizadas 0,6 €/kg.
– Uvas acollidas a indicacións xeográficas protexidas: variedades principais ou recomendadas 1,2 €/kg; variedades complementarias ou autorizadas 0,6 €/kg. No caso de indicacións só con variedades autorizadas, considerarase o coeficiente 1,2 €/kg.
En calquera caso, o importe total do préstamo ou préstamos garantidos por beneficiario non poderá superar o importe de 200.000 €.
O IVE non constituirá un gasto financiable cos préstamos garantidos, salvo no caso do IVE non recuperable conforme a lexislación vixente.
ENTIDADES FINANCEIRAS QUE PARTICIPAN NA XESTIÓN
1. Na xestión deste procedemento poderán participar como entidades colaboradoras as entidades financeiras que subscribisen co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación o convenio de colaboración para facilitar os préstamos garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada, sempre que formalicen un convenio de colaboración específico coa Consellería do Medio Rural.
2. A Consellería do Medio Rural publicará na súa páxina web a relación de todas as entidades financeiras colaboradoras. As adegas solicitantes só poderán formalizar os préstamos obxecto desta convocatoria coas entidades financeiras que formalizasen o convenio co MAPA e pola súa vez coa Consellería do Medio Rural.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
El plazo de presentación de solicitudes terminará el 21 de diciembre de 2020.