– Premios do Comercio Galego 2025. Ata o 29 de setembro de 2025

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da ORDE en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a ORDE completa na ligazón “web”.

— ORDE do18 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do Comercio galego 2025. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. DOG 162 (26/08/2025)

OBXECTO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que rexen os premios do Comercio galego, co obxectivo de recoñecer o labor dos/das profesionais do sector comercial e contribuír á súa difusión como panca para o desenvolvemento económico e social das vilas e cidades.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Código de procedemento: IN214C

PERSOAS BENEFICIARIAS

Categoría PremioCaracterísticasRequisitos
Comercio Galego 2025 Premio: 5.000 €Recoñecemento ao establecemento comercial que exemplifique os valores do comercio de proximidade mediante a implantación dun modelo de negocio moderno, competitivo e adaptado a novos retos.Comerciantes retallistas que desenvolvan a actividade comercial en Galicia
Comercio Traxectoria 2025 Premio: 3.000 €Recoñecemento ao comercio con longa traxectoria que pola súa permanencia crease un vínculo especial coa súa vila.Comerciantes retallistas con antigüidade mínima de 30 anos.
Comercio Emprende 2025 Premio: 3.000 €Recoñecemento ao establecemento comercial novo que ofreza unha experiencia de compra diferenciada.Comerciantes retallistas con antigüidade entre 2 e 4 anos.
Comercio Dinamización 2025 Premio: 5.000 €Recoñecemento á mellor iniciativa de dinamización comercial nos últimos 3 anos.Asociacións e federacións de comerciantes retallistas e asociacións de vendedores das prazas de abastos.
Comercio Sostible 2025 Premio: 3.000 €Recoñecemento á mellor iniciativa de promoción do consumo responsable e sustentable.Comercios retallistas e asociacións e federacións de comerciantes retallistas e asociacións de vendedores das prazas de abastos

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

PremioPunt. máximaCriterio
Comercio Galego 202560 puntosIdentidade de marca comercial: ata 20 puntos Modelo de xestión comercial: ata 20 puntos Transición sustentable: ata 20 puntos
Comercio Traxectoria 202580 puntosIdentidade de marca comercial: ata 20 puntos Modelo de xestión comercial: ata 20 puntos Transición sustentable: ata 20 puntos Traxectoria comercial: ata 20 puntos
Comercio Emprende 202560 puntosIdentidade de marca comercial: ata 20 puntos Modelo de xestión comercial: ata 20 puntos Transición sustentable: ata 20 puntos
Comercio Dinamización 202520 puntosCampañas de dinamización e fidelización: ata 20 puntos.
Comercio Sostible 202540 puntosCampañas de dinamización e fidelización: ata 20 puntos. Fomento do consumo sustentable: ata 20 puntos.

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo de presentación de solicitudes irá dende o 27 de agosto ata o 29 de setembro de 2025.

  • Facebook
  • Twitter