— Consellería do Medio RuralPremios ao desenvolvemento rural de Galicia

Información da axuda

Activa

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e se convoca a décimo sétima edición. Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (DOG Nº 111, 16/06/2026)

OBXECTO

O obxetivo principal dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia é premiar e dar difusión a aquelas actuacións que contribúan de forma singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada.

Código de procedemento administrativo :   MR709A

FINALIDADES

  • Promover a participación privada: Animar aos axentes socioeconómicos locais a participar activamente no proceso de desenvolvemento rural.
  • Dinamizar o contorno rural: Poñer en marcha actuacións que axuden a conservar e dinamizar o medio rural para facelo máis atractivo.
  • Dar visibilidade a boas prácticas: Resaltar actuacións que poidan servir como exemplo, de-mostrativas ou como boas prácticas para outros proxectos.
  • Mellorar a calidade de vida e frear o despoboamento: Estes premios enmárcanse nas funcións da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), que ten como fin último mellorar as condicións de vida no rural e contribuír a frear a perda de poboación neste territorio.

As iniciativas premiadas deben ser proxectos xa executados (non en fase de deseño) que se localicen no territorio galego. Ademais, as persoas premiadas asumen o compromiso de destinar o importe do premio a realizar melloras, actuacións de conservación ou actividades complementarias na propia iniciativa

CRITERIOS DE VALORACIÓN

  1. Contribución ao desenvolvemento socioeconómico do territorio (10 puntos): Valórase a xeración de oportunidades de emprego e emprendemento, a dinamización da economía local e a colaboración con outras entidades do territorio.
  2. Contribución á creación de emprego (15 puntos): Tense en conta o número total de traballadores e o compromiso coa conciliación e a flexibilidade laboral.
  3. Sustentabilidade ambiental (10 puntos): Valóranse os esforzos por mellorar o medio ambiente, a redución da pegada ecolóxica e a aposta polas enerxías verdes.
  4. Incorporación e inserción laboral da muller (15 puntos): Puntúase o número de empregos creados para mulleres e a súa presenza en órganos de dirección ou toma de decisións.
  5. Consolidación e apoio social (10 puntos): Tense en conta o crecemento nos últimos dez anos, a conexión con axentes estratéxicos e as cartas de apoio recibidas.
  6. Innovación, orixinalidade e excelencia (20 puntos): Valórase a oferta de novos produtos ou servizos, o uso de novas tecnoloxías, a diversificación e os novos métodos de traballo.
  7. Inserción de colectivos ou persoas desfavorecidas (10 puntos): Valórase o número de persoas atendidas destas colectividades e a creación de emprego para elas.
  8. Desenvolvemento nun concello en risco de despoboamento (5 puntos): Puntúase positivamente que a iniciativa se realice nun concello cun baixo índice de poboamento.
  9. Contribución á categoría específica (5 puntos): Valórase a importancia da iniciativa para acadar os obxectivos fixados na categoría á que se presenta.

As persoas que presenten a candidatura deben describir a súa contribución a estes criterios na solicitude, achegando tanto datos cualitativos como cuantitativos (número de empregos, superficie recuperada, etc.).

No caso de producirse un empate en puntos, seleccionaranse as propostas seguindo unha orde de prioridade nos criterios: primeiro o criterio 1, seguido do 5, o 8, o 4 e finalmente o 3. Se o empate persiste, escollerase a iniciativa que fose presentada antes

XEITO DA INICIATIVA

  •  iniciativa debe encadrarse nunha das seis categorías establecidas (Mocidade, Proxectos de interese social, Sector agrogandeiro, Mulleres, Innovación tecnolóxica ou Recuperación e posta en valor da terra agraria). Cada proxecto só pode presentarse a unha única categoría.Compromisos e exclusións 
    • Foran promovidas ou presentadas por entidades que xa obtiveron un premio en edicións anteriores destes premios ou outros premios de Agader.
    • Se desenvolvan nos sectores da pesca e a acuicultura.
    • Estean relacionadas coa exportación a terceiros países ou a outros Estados membros.
    • Sexan presentadas por entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

     

    Ademais destes requisitos de elixibilidade, as iniciativas serán sometidas a un proceso de selección polo xurado baseado en nove criterios de valoración, onde se puntuarán aspectos como a creación de emprego, a sustentabilidade ambiental, a innovación e o impacto socioeconómico no territorio

    Compromiso de investimento: As persoas ou entidades que resulten premiadas asumen a obriga de destinar o importe do premio a realizar melloras, actuacións de conservación ou actividades complementarias na propia iniciativa.Exclusións específicas: Non poderán ser premiadas as iniciativas que:

REQUISITOS DE FORMALIZACIÓN

    1. Documentación do proxecto
    • Solicitude (Anexo I): Debe incluír os datos da persoa ou entidade solicitante e unha descrición da iniciativa (máximo 3.000 caracteres) que sinale os aspectos máis relevantes e valiosos.
    • Descrición detallada segundo os criterios: No propio Anexo I, deben cubrirse as epígrafes correspondentes aos criterios de valoración con datos cualitativos e cuantitativos (empregos, superficie recuperada, investimentos, etc.).
    • Declaración de axudas minimis: Incluída no formulario de solicitude, onde se debe declarar se se solicitaron ou concederon outras axudas deste tipo nos tres anos anteriores.
    1. Documentación administrativa e legal
    • Persoas xurídicas:
      • Poder suficiente da persoa representante.
      • Certificado do Rexistro Mercantil ou rexistros públicos correspondentes que acredite a constitución da entidade.
      • De non ter o certificado, copia das escrituras de constitución debidamente rexistradas e as súas modificacións posteriores.
    • Empresarios individuais: Documentación que xustifique a afiliación ao réxime especial de autónomos da Seguridade Social

    Contía dos premios

    • Primeiro premio: 10.000,00 €.
    • Segundo premio: 3.000,00 €.
    • Terceiro premio: 1.000,00 €.

    Cómpre ter en conta as seguintes condicións relativas á contía:

    Premios compartidos: O xurado pode propor que un premio sexa compartido entre varias iniciativas, repartindo nese caso a dotación económica entre elas.

    Premios desertos: No caso de que algunha categoría quede deserta, o montante inicial poderá modificarse para dar cobertura ao resto das iniciativas premiadas sen variar o orzamento total.

    Uso do premio: As persoas ou entidades premiadas asumen o compromiso de destinar o importe íntegro do premio a realizar melloras, actuacións de conservación ou actividades complementarias na propia iniciativa

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 17 de xuño   ata o 16 de xullo  de 2026.

  • Facebook
  • Twitter