RESUMO ELABORADO POR
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación”(formato PDF, en galego) e a orde completa na ligazón web.
— ORDEN do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2023. Consellería de Emprego e Igualdade (DOG Nº 25, 06/02/2023).
FINALIDADE
Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega.
ENTIDADES DESTINATARIAS
1. Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.
2. Será requisito necesario para participar estar ao día nas obrigas rexistrais co Rexistro de Cooperativas de Galicia.
3. Non poderán resultar premiadas aquelas cooperativas que resultaran premiadas en anos anteriores nos premios á cooperación cando os méritos alegados sexan substancialmente os mesmos.
4. Tampouco poderán resultar premiadas as cooperativas nas que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
PREMIOS
Outorgaranse os seguintes premios:
- Premio aos valores cooperativos.
- Premio ao mellor proxecto cooperativo novo.
- Premio á traxectoria cooperativa.
PREMIO AOS VALORES COOPERATIVOS
1. Outorgarase á cooperativa galega que máis teña destacado no impulso dos valores e principios cooperativos.
2. O tribunal valorará a traxectoria das candidatas, especialmente as actuacións dirixidas á aplicación práctica dos valores e principios cooperativos, a súa comunicación e difusión, así como a súa adecuación ao marco socioeconómico galego. Os principios cooperativos establecidos pola Alianza Cooperativa Internacional.
PREMIO AO MELLOR PROXECTO COOPERATIVO NOVO
1. Outorgarase á cooperativa galega que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade igual ou menor a corenta e dous meses e que destaque nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.
2. O tribunal terá en conta a especial relevancia do proxecto, que pode vir determinada, entre outros, polo seu carácter innovador, a súa sustentabilidade, a súa repercusión positiva no seu contorno especialmente nos eidos económico, social, cultural e laboral.
PREMIO Á TRAXECTORIA COOPERATIVA
1. Outorgarase á cooperativa galega que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade maior de corenta e dous meses e que teña destacado pola súa traxectoria no ámbito económico e social.
2. O tribunal terá en conta especialmente a solidez dos resultados económicos acadados, a xeración de postos de traballo, as relacións de intercooperación ou a expansión territorial do seu negocio.
CONTÍA DOS PREMIOS
Outórganse os seguintes premios:
- Premio aos valores cooperativos, cunha dotación económica de 5.000 euros.
- Premio ao mellor proxecto cooperativo novo, cunha dotación económica de 5.000 euros.
- Premio á traxectoria cooperativa, cunha dotación económica de 5.000 euros.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación das solicitudes remata o 28 de abril de 2023.