— Cheque Brexit. Ata 17/05/2021

Agaca
Por Agaca Xaneiro 19, 2021 14:16

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación”

— RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2020 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 4 de febreiro de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a redución do impacto Brexit nas empresas galegas con interese no mercado do Reino Unido (Cheque Brexit), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva. IGAPE. DOG Nº 8, 14/01/2021.

FINALIDADE / OBXECTIVO

Estas axudas teñen como obxecto apoiar as empresas galegas mediante a realización de servizos de consultoría para  a elaboración dun diagnóstico empresarial e/ou un plan de continxencia na procura de minorar os efectos do Brexito sobre as empresas galegas.

TIPOS DE APOIO

Subvención en réximen de concorrencia non competitiva e incardínase no réxime de axudas de minimis.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Que Reino Unido sexa un dos seus 5 principais mercados intracomunitarios de exportación/importación.
b) Que exportasen/importasen a/do Reino Unido máis de 100.000 euros nos tres últimos exercicios.
c) Que o Reino Unido supoña un mínimo do 10% da súa exportación/importación intracomunitaria total.

2. Tamén deberán cumprir o seguinte:

a) Que estea constituída como sociedade mercantil.
b) Que teña algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda Pública Estatal, coa Comunidade Autónoma de Gailcia e coa Seguridade Social.

INVERSTIMENTOS OU GASTOS COMPUTABLES

1. Serán subvencionables os servizos de consultoría que se materialicen nos seguintes conceptos:

a) Diagnóstico empresarial: comprenderá unha análise do negocio da empresa con Reino Unido en términos de clientes/provedores/dependencias loxísticas (cadea de subministracións ou de comercialización), marco legal e regulatorio, marco financeiro e fiscal e o nivel de implantación da empresa no país e as súas repercusións, con identificación do grao de exposición da empresa ante os efectos do Brexit no seu negocio, e comprenderá o nivel de preparación para enfrontarse a eses cambios e identificará os aspectos máis relevantes a actuar en base á súa situación actual.

b) Plan de continxencia Brexit: incluíndo unha folla de ruta das diferentes accións que a empresa tería que abordar en cada ámbito (estratexia, mercados, operacións, marco legal e regulatorio, marco financeiro e fiscal, e aduanas) con identificación e deseño de accións concretas para mitigar  os riscos aos que está exposta a empresa.

2. O gasto mínimo subvencionable dos servizos solicitados de acordo ao artigo 5 será o seguinte:

a) Pemes: 25.000 euros.

b) Grandes empresas: 40.000 euros.

De superar estes gastos máximos procederase a axustar o gasto subvencionable a estes límites máximos.

3. Admitirase unha única solicitude por empresa.

CONTÍA DAS AXUDAS

A subvención será dun máximo do 80% dos gastos subvencionables, coa seguinte distinción dependiendo fo tipo de solicitante:

  • Pemes – 80%
  • Empresas con ata 500 empregados – 70%
  • Empresas con máis de 500 empregados – 60%

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Novo prazo de presentación de solicitudes ata o 17/05/2021.