RESUMO ELABORADO POR
Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF, en galego) e a Resolución completa en galego en “Web”
— RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Direción que modifica as bases reguladoras dos préstamos previstos no instrumento financeiro préstamos PEMES Galicia – programa operativo Feder Galcia 2014-2020 (código de procedimiento IG534C). IGAPE. DOG Nº 235, 20/11/2020.
FINALIDADE
Apoiar financeiramente as pemes afectadas pola crise causada pola COVID-19 que, coas medidas de apoio financeiro postas en marcha ata o momento polas administracións central e autonómica, non obtivesen financiamento suficiente para manter a súa capacidade de funcionamento.
TIPOS DE APOIO
Contratos de préstamo para instrumentar entre e o beneficiario e o Igape. Concorrencia non competitiva.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS
1. Poderán ser beneficiarias aquelas pequenas, medianas ou microempresas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo nas modalidades de préstamos que no Anexo I eximan expresamente deste requisito.
b) Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo I.
c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.
En préstamos destinados ao financiamento de capital de explotación, non será de aplicación este requisito nin tampouco necesaria a execución dun proxecto de investimento..
Poderán ser beneficiarias aquellas empresas que, cumpliendo estos requisitos, acrediten estar afectadas pola crise causada pola COVID-19 e xustifiquen a necesidade de financiamento para o capital de explotación necesario para reforzar o desenvolvemento das súas actividades xerais en Galicia.
As beneficiarias terán que acreditar razoablemente en expediente de solicitude que cumpren polo menos unha das seguintes condicións:
1. Atoparse ante a necesidade de recuperar o capital de explotación perdido durante a crise de saúde pública, tras presentar os dous últimos anos EBITDA positivo, non poder ter axustado os seus custos á caída da facturación motivada pola crise de saúde pública e que isto supuxese unha redución do activo corrente e/ou un aumento do pasivo corrente no balance, situando a diferenza de ambas as magnitudes por debaixo do fondo de manobra necesario para o normal funcionamento.
2. Atoparse ante a necesidade de incrementar o seu capital de explotación en previsión dunha lenta recuperación do mercado. Entenderase que sucede isto, exclusivamente nos seguintes casos:
– Nas industrias ou nas actividades comerciais que adquiren os seus aprovisionamentos de materia prima ou de mercadorías de forma estacional, dependendo de colleitas ou campañas, e deben almacenar as súas existencias durante un período de tempo moito máis longo do habitual a causa da previsible caída das vendas.
– En empresas cuxos clientes estean especialmente afectados pola crise, e deban conceder períodos de cobramento máis dilatados nas súas vendas
3. Empresas que, polas súas características particulares, sufran habitualmente dificultades de acceso ao financiamento bancario para capital de explotación, e que na situación de crise vexan empeorada a súa capacidade de acceso ao crédito. Enténdese que se encontran nesta situación:
– Pemes de economía social (Cooperativas, Sociedades Laborais, Centros Especiais de Emprgeo, Empresas de Inserción Laboral, e outras entidades de economía social con actividade empresarial significativa).
– Pemes cuxa actividade sexa fundamentalmente estacional, vinculada á celebración de eventos que foran cancelados pola crisis de saúde pública.
2. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís e comunidades de bens, que cumpran o establecido no apartado 1 anterior.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
1. Importe do préstamo:
O mínimo do/s préstamo/s por beneficiaria será de 3.000 euros e o máximo de 500.000 euros. A titular deberá solicitar a cantidade que considere necesaria para reforzar o seu capital de explotación, en coherencia coa memoria explicativa que deberá xuntar coa solicitud.
2. Prazos de amortización e carencia:
O prazo de amortización será como máximo de 7 anos, incluíndo un máximo de 3 anos de carencia na amortización principal.
3. Tipos de xuro
a) Tipo de xuro ordinario:
O tipo de xuro nominal anual determínase para toda a vida do préstamo no momento da concesión, resultando de sumar:
– Tipo de referencia: Será a media do Euribor a 1 ano do mes anterior á data da Proposta de Resolución da concesión do préstamo.
– Marxe adicional: Será de 0,2 puntos porcentuais.
El tipo de xuro será do 0% cando resultase negativo.
b) Tipo de xuro de mora:
En caso de atraso no pago pago dalgunha das sumas debidas en virtud de este contrato, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Os ditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.
4. Plan de amortización
Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais vencidas, o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pagamento de xuros. O plan de amortización será calculado polo Igape e incorporarase á resolución de concesión. Para o cálculo do plan de amortización, utilizarase o sistema de amortización francés, de forma que a carga que deberá afrontar o beneficiario, resultante de sumar os xuros e as amortizacións para pagar ao trimestre o beneficiario, se manteña constante durante toda a vida do préstamo tras a carencia.
5. Garantías
Para préstamos de importe igual ou inferior a 200.000 €, non se requirirá a achega de garantías adicionais á responsabilidade da prestameira. Para préstamos de importe superior, o Igape tomará garantías en función da súa dispoñibilidade e das características do beneficiario. As garantías serán puntuadas conforme os criterios sinalados no anexo IV.
CUALIFICACIÓN REQUIRIDA DO PROXECTO
Non se establecen criterios específicos de avaliación, concederanse todas as solicitudes que superen os limiares de cualificación do risco e cumpran os requisitos das bases reguladoras, ata o esgotamento do orzamento.
INVESTIMENTOS OU GASTOS COMPUTABLES
Será financiable o capital de explotación, que incluirá os seguintes conceptos de gasto aos que poderá aplicarse o préstamo:
a) O financiamento de contas que se pagarán por compras de materias primas, outros aprovisionamentos e mercadorías, gastos de persoal (soldos e salarios, indemnizacións, seguridade social e outros gastos sociais), impostos, arrendamentos e canons, reparacións e conservación, servizos de profesionais independentes, transportes, primas de seguros, publicidade, propaganda e relacións públicas, subministracións e outros servizos relacionados coa actividade.
b) O financiamento das contas a cobrar de clientes, que se reflicta nun incremento de saldo del balance.
Os fondos do préstamo non poderán ser aplicados a finalidades distintas das relacionadas, tales como o pago de investimentos ou o pago de débedas bancarias.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Rematará cando se produza a primiera das seguintes circunstancias:
a) Que conforme ás solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario para a respectiva modalidade de préstamo.
b) O 30 de dicembre de 2020.