— Axudas uso de maquinaria en réxime asociativo. Ata 30/09/2022

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación”(formato PDF, en galego) e a orde completa en español na ligazón web. 

— ORDEN do 12 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 164 (30/08/2022).

OBXECTO

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo no marco do PDR de Galicia 2014-2020, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), cunha participación do 100 % de fondos da UE, dentro da medida 4 Investimentos en activos físicos, submedida 4.18 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, así como convocalas para o ano 2022.

Esta axuda ten como finalidade:
a) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.
b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.
c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas nesta orde:

  •  Cooperativas agrarias con sección/servizo de maquinaria.
  •  Cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).
  •  Cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.
  •  SAT procedente de fusión de polo menos dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais

INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES

1. Os investimentos subvencionables son os seguintes:
a) Maquinaria agrícola.
b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.

2. Non se subvencionarán:
a) A mera reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.
b) Non se considerarán subvencionables o IVE e outros impostos.
c) Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, nin máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.
d) A maquinaria e os equipamentos de carácter forestal.
e) Colleitadoras de forraxes cun uso previsto menor de 500 horas anuais.
f) A maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns.

3. En aplicación da moderación de custos, fíxase en 1.000 € o custo elixible para os estudos técnicos-económicos de viabilidade.

4. Establécese un investimento elixible mínimo de 20.000 € para poder ser subvencionable. O volume total do investimento elixible máximo subvencionable para cada beneficiario será de 250.000 €. No caso de cooperativa procedente de fusión, en que o número total de socios da entidade fusionada sexa superior a 1.000, o límite máximo de investimento será de 600.000 €.

COMEZO DA SUBVENCIONABILIDADE

Serán subvencionables os gastos efectuados con posterioridade á presentación da solicitude da axuda en tempo e forma tras a correspondente convocatoria pública, tendo en conta que a simple presentación da solicitude en ningún modo garante a súa aprobación.

CONTÍA ECONÓMICA DAS AXUDAS

O importe da axuda será do 35 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
1. 5 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013.
2. 10% no caso de investimentos colectivos, cando o beneficiario procede dunha fusión.

CRITERIOS DE SELECCIÓN DAS OPERACIÓNS

1. Ordenaranse as solicitudes presentadas de acordo cos criterios de prioridade indicados neste artigo e aprobaranse os proxectos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible.

 

Criterio Parámetros Documentación Verificación sectorial Ponderación
1. Tipoloxía da entidade solicitante Cooperativa agraria con sección/servizo de maquinaria Solicitude Inscrición no rexistro 5 puntos
Cooperativa de utilización de maquinaria en común CUMA Solicitude Inscrición no rexistro 4 puntos
SAT procedente de fusión ou cooperativa comunitaria de terra
Solicitude Inscrición no rexistro 3 puntos
2. Valor contable do parque de maquinaria 2.000.000 € Solicitude 3 puntos
<2.000.000 e 1.000.000 € Solicitude 2 puntos
<1.000.000 e > 500.000 € Solicitude 1 puntos
3. Faturación media dos socios nos tres anos previos 1.000.000 € Balance e conta de resultados 3 puntos
<1.000.000 e 500.000 € Balance e conta de resultados 2 puntos
< 500.000 € e > 100.000 € Balance e conta de resultados 1 punto
4. Porcentaxe de mulleres que integren o consello reitor da entidade solicitante 50% Solicitude 2 puntos
< 50% e 40% Solicitude 1 puntos
5. Investimentos en proxectos innovadores Solicitude 1 puntos
6. Investimentos en proxecto de cooperación Solicitude 1 puntos

 

3. En caso de igualdade na aplicación do baremo terán prioridade as entidades solicitantes, con investimentos en proxectos innovadores, seguido dos investimentos en proxectos de cooperación. Se aínda persiste o empate, priorizarase segundo a orde dos criterios de selección tendo en conta o valor do criterio.

4. As solicitudes cunha puntuación inferior a 5 puntos non serán subvencionables por non alcanzar os criterios de priorización mínimos.

XUSTIFIACIÓN E PAGAMENTO

1. O prazo de xustificación destas axudas remata o 30 de setembro de 2023, inclusive.

PRAZO DE SOLICITUDES

O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2022.

  • Facebook
  • Twitter

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo