— Axudas para indemnizacións en materia de sanidade vexetal. De 19/10/2026 a 19/11/2026

Información da axuda

Activa

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.

— ORDEN do 30 de setembro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2026. Consellería do Medio Rural (DOG Nº 192, 08/10/2026)

OBXECTO

O obxecto principal desta  orde  divídese en dous puntos principais:

  1. Establecer as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións destinadas a compensar os danos derivados da aplicación de medidas fitosanitarias oficiais de erradicación adoptadas sobre vexetais afectados por plagas de corentena e outras plagas regulamentadas. Danos económicos sufridos pola aplicación obligatoria de medidas fitosanitarias oficiais de erradicación
  2. Convocar para o ano 2026 ditas indemnizacións , destinadas a compensar os danos pola aplicación de medidas de erradicación fronte a dúas plagas específicas:
    • Fusarium circinatum Nirenberg et O´Donnell.
    • Grapevine flavescence dorée phytoplasma (fitoplasma da flavescencia dourada da vide)

Código do procedemento : MR465A

 ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

As actuacións e gastos obxecto de indemnización son os derivados da execución das medidas fitosanitarias oficiais de erradicación:

  1. Actuacións subvencionables por praga
  • Fronte a Fusarium circinatum: A destrucción de plantas de Pinus spp. destinadas a plantacións forestais en viveiros. Indemnízase o custo de produción da planta destruída e, se procede, o custo das tarefas de destrucción.
  • Fronte a Grapevine flavescence dorée phytoplasma (flavescencia dourada da vide):
    • A eliminación e destrucción de plantas de Vitis vinifera en parcelas de viñedo (para parcelas de máis de 0,1 hectáreas requírese a inscrición no Rexistro Vitícola de Galicia).
    • A eliminación e destrucción de plantas de Vitis spp. en instalacións de produtores de planta de viveiro de vid (indemnízase o custo de produción).
    • A destrucción de plantas de Vitis vinifera en instalacións de comercializadores de planta de viveiro de vid (indemnízase o prezo de adquisición acreditado).
  1. Gastos e tratamentos indemnizables

Considéranse indemnizables a destrucción, desinfección, esterilización ou tratamento oficial aplicado a:

  • Vexetais, produtos vexetais e lotes declarados contaminados ou con risco de contaminación.
  • Sustratos de cultivo e terreos afectados.
  • Materiais de produción, embalaxe, almacenamento, locais e medios de transporte que estivesen en contacto cos vexetais afectado
  1. Prazo de execución:

Só son indemnizables as actuacións executadas baixo control oficial entre o 16 de novembro de 2024 e o último día do prazo de presentación de solicitudes

Gastos non indemnizables: A orde exclúe expresamente o lucro cesante, o valor das producións forestais (agás viveiros forestais) e os gastos derivados de incumprimentos da normativa de sanidade vexetal

 BENEFICIARIOS

  1. Beneficiarios
  • Titulares afectados: Poden solicitala as persoas físicas, xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares dos vexetais ou produtos vexetais afectados polas medidas oficiais de erradicación.
  • Tamaño da empresa: No caso de empresas, unicamente poden ser beneficiarias as pemes (pequenas e medianas empresas) ou microempresas.
  1. Requisitos específicos
  • Inscricións rexistrais: Os produtores de plantas de viveiro deben estar inscritos nos rexistros oficiais correspondentes no momento da inspección inicial. Para parcelas de viñedo de superficie superior a 0,1 hectáreas, requírese a inscrición no Rexistro Vitícola de Galicia.
  • Cumprimento da normativa: A persoa titular debe ter cumprido rigorosamente a normativa vixente en materia de sanidade vexetal (en particular o Real decreto 739/2021).
  1. Principais exclusións

Non poderán obter a condición de beneficiarias:

  • As persoas ou entidades incursas en prohibicións xerais para recibir subvencións públicas.
  • Quen fora sancionado por infraccións graves ou moi graves en sanidade vexetal nos dous anos anteriores á solicitude, ou teña procedementos sancionadores pendentes de cobro.
  • Quen incumprira a normativa de sanidade vexetal.
  • As empresas en crise (agás que a situación de crise fora causada directamente polos danos da propia plaga).
  • As empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible

 CONTÍA DAS AXUDAS

  1. Límites xerais
  • Importe máximo por beneficiario: A contía máxima da indemnización é de 10.000 euros por persoa beneficiaria.
  • Límite do valor de mercado: A aplicación dos baremos está limitada en todo caso polo valor de mercado dos vexetais ou bens afectados.
  • Solicitudes en convocatorias sucesivas: Se unha persoa beneficiaria solicita indemnización en dúas convocatorias consecutivas pola mesma plaga e na mesma instalación, a contía redúcese un 50 %, coa excepción dos titulares de parcelas de viñedo afectadas por Grapevine flavescence dorée phytoplasma.
  1. Baremos para Fusarium circinatum (Viveiros forestais)

Para plantas de Pinus spp., pártese dun custo medio de produción (CMP) de referencia de 0,16 € por planta. As contías por planta aplícanse en tramos decrecentes:

  • Ata 150.000 plantas: 0,144 €/planta (90 % do CMP).
  • Máis de 150.000 e ata 300.000 plantas: 0,122 €/planta (85 % do CMP).
  • Máis de 300.000 e ata 500.000 plantas: 0,115 €/planta (80 % do CMP).
  • Máis de 500.000 plantas: 0,108 €/planta (75 % do CMP).
  • Gastos de destrución: Indemnízase o custo dos traballos de destrución ata un máximo do 10 % do valor da planta destruída.
  1. Baremos para Grapevine flavescence dorée phytoplasma (Flavescencia dourada da vide)

As contías establécense segundo a categoría do afectado e o nivel de dano na parcela:

  • Explotacións de viñedo:
    • Afectación ≤ 10 % da superficie da parcela: 10 € por cada planta eliminada e destruída. Para acceder a esta contía cómpre ter destruídas polo menos tres plantas no conxunto da solicitude.
    • Afectación > 10 % ou destrución total da parcela: 7.500 € por hectárea, calculados sobre a superficie total da parcela.
  • Produtores de planta de viveiro de vid: Indemnízase o custo medio de produción, fixado en 2 € por planta destruída.
  • Comercializadores de planta de viveiro de vid: Indemnízase o prezo de adquisición acreditado mediante factura de compra, cun máximo de 1,50 € por planta

 CRITERIOS DE VALORACIÓN

  • Sen competencia entre solicitudes: Non se realiza unha avaliación comparativa nin se asignan puntos ás solicitudes.
  • Cumprimento de requisitos: Concédese a indemnización a todas as persoas beneficiarias que reúnan as condicións e requisitos esixidos e cuxas medidas de erradicación se levasen a cabo baixo control oficial.
  • Baremos fixos: O importe a percibir determínase aplicando directamente os baremos económicos oficiais (por exemplo, prezo fixo por planta ou superficie afectada), cun máximo de 10.000 euros por beneficiario.
  • Disponibilidade orzamentaria: O pago das axudas queda suxeito á existencia de crédito orzamentario na aplicación correspondente

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

• Comienza el 19 de octubre de 2026 a las 09:00 horas y finalizará el 19 de noviembre de 2026 a las 20:00 horas

  • Facebook
  • Twitter