— Axudas investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios. Ata 27/02/2023

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación”(formato PDF, en gallego) e a orde completa no enlace web. 

ORDE do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader),, e se convocan para o exercicio orzamentario de 2023. Consellería do Medio Rural. (DOG Nº 19, 27/01/2023).

OBXECTO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2023. O código do procedemento é o MR340A.

As axudas consistirán en subvencións cuxa concesión se efectuará mediante concorrencia competitiva, así como en garantías para préstamos destinados a financiar os investimentos, cuxa concesión se efectuará mediante concorrencia non competitiva. As solicitudes de axuda poderán incluír soamente unha destas dúas modalidades de axuda, ou ben conxuntamente as dúas, xa que son combinables entre si nas condicións indicadas nesta orde.

FINALIDADE DAS AXUDAS

1. Para poder acceder a estas axudas o solicitante deberá cumprir os requisitos establecidos nesta orde.

2. Estas axudas teñen por finalidade incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios.

3. A concesión das axudas consistentes en subvencións efectuarase mediante concorrencia competitiva. As solicitudes de préstamos garantidos resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias.

INVESTIMENTOS INCENTIVABLES

1. Considéranse incentivables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca. Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación nos cales interveñan produtos non incluídos no anexo I do tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a súa cantidade ou o seu valor económico total non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final.

2. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do tratado).

3. Non obstante, non serán apoiables:

a) Os proxectos en que o importe total dos investimentos subvencionables sexa inferior a 60.000 €.

b) No sector vitivinícola, os proxectos con investimentos solicitados por un importe total igual ou superior a 100.000 € relativos aos produtos descritos no anexo VII, parte II do Regulamento (UE) nº 1308/2013, do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007, referente aos produtos amparados polos programas de apoio no sector vitivinícola, xa que poden ser subvencionados a través deses programas específicos.

4. Os tipos de gasto incentivables son os seguintes:

a) A construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor do 10 % do total dos gastos subvencionables.

b) A compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.

c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.

d) Os custos xerais vinculados ás alíneas a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das alíneas a), b) e c) anteriores.

5. Porén non serán obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e ás actividades sinalados no anexo I desta orde.

BENEFICIARIOS

Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou as sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren incentivables.

SUBVENCIÓNS

1. As subvencións consistirán en axudas para a execución de proxectos de investimentos e poderán acadar as porcentaxes máximas de axuda dos investimentos subvencionables indicadas no apartado seguinte, establecidas segundo a tipoloxía da empresa solicitante e as características dos produtos. Para determinar o tipo de empresa aplicaranse os criterios establecidos na Recomendación 2003/361/CE, da Comisión, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20.5.2003).

2. As porcentaxes máximas de axuda serán as seguintes:

Tipos de produtos finais

Tipo de empresa solicitante

Microempresas e pequenas empresas

Empresas medianas

Empresas non microempresas nin pequenas ou medianas

Incluídos na súa totalidade no anexo I do tratado

50 %

50 %

50 %

Non incluídos na súa totalidade no anexo I do tratado

35 %

25 %

15 %

3. En calquera caso, o importe da axuda concedida mediante esta orde a un proxecto presentado non superará os importes indicados a seguir, aplicables por tramos do investimento subvencionable total, e establecidos en función da puntuación derivada da aplicación dos criterios de valoración mencionados no artigo 12:

Investimento subvencionable (tramos do seu importe total)

Importe máximo de axuda (para cada tramo do investimento total subvencionable)

Puntuación menor de 40 puntos

Puntuación entre 40 e 55 puntos

Importe máx. por tramo

Importe máx. por tramo

Ata 2 mill. €

500.000 €

600.000 €

Exceso de 2 mill. € ata 4 mill. €

400.000 €

500.000 €

Exceso de 4 mill. € ata 6 mill. €

300.000 €

400.000 €

Exceso de 6 mill. € ata 8 mill. €

300.000 €

400.000 €

Exceso de 8 mill. € ata 10 mill. €

300.000 €

400.000 €

Exceso de 10 mill. € ata 12 mill. €

300.000 €

400.000 €

Exceso de 12 mill. € ata 15 mill. €

300.000 €

400.000 €

Exceso de 15 mill. € ata 18 mill. €

300.000 €

300.000 €

Exceso de 18 mill. € ata 21 mill. €

300.000 €

300.000 €

Exceso de 21 mill. € ata 25 mill. €

300.000 €

300.000 €

Exceso de 25 mill. € ata 30 mill. €

300.000 €

300.000 €

Exceso de 30 mill. €

300.000 €

300.000 €

Aos proxectos cunha puntuación superior a 55 puntos non se lles aplicará ningunha limitación do importe de subvención por tramos de investimento.

4. Así mesmo, o importe da subvención ou subvencións concedidas a un mesmo beneficiario non será superior a 3.000.000 € cando o investimento total subvencionable non supere o importe de 15.000.000 €, e non será superior a 5.000.000 € cando o investimento total subvencionable sexa de 15.000.000 € ou maior.

En todo caso, o importe das subvencións concedidas a un grupo empresarial non poderá superar o importe de nove millóns de euros. Para estes efectos, considerarase como grupo empresarial o conxunto de sociedades que teñan polo menos un dos seguintes vínculos entre si:

a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios da outra empresa;

b) Unha empresa ten dereito a nomear ou revogar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control da outra sociedade;

c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato subscrito con ela ou unha cláusula estatutaria da segunda empresa;

d) Unha empresa, accionista ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo subscrito con outros accionistas ou socios da segunda, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas.

As empresas que manteñan calquera das relacións previstas nas letras a) á d) do parágrafo anterior a través doutra ou doutras empresas tamén se considerarán unha única empresa.

5. Cando o importe da subvención que se vai conceder a un beneficiario supere a contía de 3.000.000 de euros, requirirá autorización previa do Consello da Xunta de Galicia conforme o establecido no apartado 2 do artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de FEBREIRO de 2023.

  • Facebook
  • Twitter

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo