— Axudas Galicia Exporta Empresas 2024. Ata 03/02/2024

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación”(formato PDF) ou  a Resolución completa na ligazón “web”.

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2024), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva.a. IGAPE (DOG Nº 2, 03/01/2024).

OBXECTO

Estas axudas teñen como obxecto incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.

PERSOAS E ENTIDADES BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas, incluídos os autónomos, que
cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran coa definición de peme segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que conten no devandito centro con polo menos un traballador por conta allea, na data e publicación no DOG destas bases de axudas. Este último requisito non é aplicable ás empresas constituídas con menos de 42 meses de antigüidade na data de publicación das ases de axudas.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do final do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

PROXECTOS OBXECTO DE APOIO E GASTOS SUBVECIONABLES

1. Serán subvencionables aqueles gastos que correspondan de xeito indubidable á natureza da actuación subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do plan para o cal foron concibidos. Os gastos clasifícanse en:
Custos directos: determinados con base no seu custo real, que se corresponden cos descritos nas alíneas a), b), c) e d) do punto 3.

Custos indirectos: determinados mediante un método de custo simplificado consistente nun tipo fixo do 7 % dos custos directos subvencionables, de conformidade co establecido na alínea a) do artigo 54 do RDC e que se corresponde co descrito na alínea e) do punto 3.

2. Os límites máximos de gasto subvencionable son os establecidos en cada tipo de acción. O gasto mínimo subvencionable do proxecto, excluídos os custos indirectos, terá que alcanzar a cantidade de 3.200 euros (IVE excluído).

3. Os proxectos obxecto de apoio recollerán unha ou varias das seguintes actuacións/accións:
a) Accións de difusión.
b) Accións de promoción.
c) Accións de prospección en mercados internacionais.
d) Accións de operatividade da internacionalización.

CONTÍA DAS AXUDA E CRITERIO DE AVALIACIÓN E SELECCIÓN DE SOLICITUDES

1. A contía da axuda será dunha subvención do 70% dos custos directos subvencionables relacionados no artigo 6 punto 3, letras a), b) c) e d). Ademais, engádese a subvención dos custos indirectos do proxecto, correspondente a un tipo fixo do 7 % sobre os custos directos subvencionables.

Para as accións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 95.000 € por solicitude e persoa beneficiaria

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de febreiro de 2024.

  • Facebook
  • Twitter