—Axudas danos xabaril. Durante 2022

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en galego en “Documentación” e a Orde completa en español no enlace “Web”

ORDE do 20 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril e se convocan para o ano 2022.
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. (DOG No 249 29/12/2021)

OBJETO

  1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das  persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de  compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2022. 
ÁMBITO DE APLICACIÓN
  1. Esta orde será de aplicación aos cultivos agrícolas danados polo xabaril pertencentes a  explotacións agrarias situadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. 
  2. Nos casos en que o cultivo agrícola afectado estea parcialmente situado noutra comunidade autónoma, considerarase dentro do ámbito de aplicación desta orde cando a súa maior parte estea  situada na Comunidade Autónoma de Galicia. 
PERSOAS BENEFICIARIAS
  1. Poderanse acoller a estas axudas: 
  2. a) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias onde se constaten os danos aos  cultivos agrícolas producidos polo xabaril, inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de  Galicia (Reaga). 
  3. b) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias de autoconsumo onde se  constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril. 
  4. O expediente de axudas será único e comprenderá todos os danos producidos polo xabaril a unha  mesma persoa beneficiaria antes da colleita. 

REQUISITOS

  1. Os cultivos agrícolas afectados, polos que se solicita a axuda, deberán pertencer a unha persoa,  física ou xurídica, inscrita en calquera das seccións en que se organiza o Reaga e que veñen  recollidas no artigo 5.2 do Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de  Explotacións Agrarias de Galicia, modificado pola disposición derradeira terceira do Decreto  125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa dos produtos primarios  desde as explotacións á persoa consumidora final: 
  2. a) Explotacións agrarias prioritarias. 
  3. b) Explotacións agrarias de titularidade compartida. 
  4. c) Explotacións acollidas ao réxime de venda directa (SEVEDI). 
  5. d) Outras explotacións agrarias. 
  6. No suposto de cultivos agrícolas afectados destinados ao autoconsumo, a persoa, física ou  xurídica, solicitante da axuda deberá acreditar a titularidade da explotación a través de calquera dos  medios de proba admitidos en dereito.
ÁMBITO TEMPORAL

Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas  que se comuniquen desde o 11 de outubro de 2021 ata o 10 de outubro de 2022

COMUNICACIÓN DO DANO

No prazo máximo de tres días desde produción dos danos en cultivos agrícolas, as persoas  físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias, e os de autoconsumo deberán poñelo en  coñecemento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mediante unha chamada, no  horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará un código de identificación que servirá  para acreditar a chamada e identificar o expediente.

O horario hábil de atención telefónica é desde as 8.00 ata as 20.00 horas, de luns a venres, e desde  as 8.00 ata as 17.30, os sábados. 

  1. Unha vez rexistrada a denuncia, o persoal da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  desprazarase ata o lugar dos feitos para comprobar a existencia dos danos, despois da cal se poderá  facer a colleita ou continuar co cultivo afectado. Esta valoración recollerase nun informe que será  remitido ao correspondente Servizo Provincial de Patrimonio Natural. 
  2. A partir do 11 de outubro de 2022 poderán realizarse comunicacións por danos de xabaril de  acordo co establecido nos parágrafos anteriores e a concesión de axudas quedará condicionada a  unha nova convocatoria no ano 2023. 

IMPORTE DAS AXUDAS

O importe das axudas por danos causados nos cultivos agrícolas polo xabaril figura no anexo I  desta orde.

  1. O importe máximo por persoa beneficiaria establécese en 2.500 €. No caso de que os danos  excedan este importe, a persoa beneficiaria terá dereito a axuda máxima, é dicir, 2.500 €. 

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES

Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes: 

  1. a) Para os danos comunicados entre o 11 de outubro de 2021 e a entrada en vigor desta orde,  o prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde
  2. b) Para os danos comunicados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación  da solicitude de axuda será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano  ao teléfono 012, de acordo co establecido no artigo 6 desta orde.
  • Facebook
  • Twitter

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo