— Axudas: danos por lobo. Ata 11/02/2021

Agaca
Por Agaca Xaneiro 14, 2021 19:43

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”

— ORDE do 16 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2021. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. DOG Nº 5, 11/01/2021.

OBXECTO E PRINCIPIOS

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021

2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando que se especifica no anexo I e que fose afectado por ataques de lobos dentro da comunidade autónoma.

REQUISITOS

1. O gando danado polo que se solicita a axuda deberá cumprir cos seguintes requisitos:

a) Pertencer a unha persoa física ou xurídica titular dunha explotación gandeira inscrita na sección correspondente segundo o tipo de gando no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia.
b) O gando bovino, ovino e cabrún deberá cumprir cos requisitos sanitarios establecidos nos programas de control, vixilancia e erradicación de enfermidades que poden afectar as especies gandeiras de acordo coa normativa aplicable para o efecto.
No caso do gando porcino, deberá pertencer á raza Celta e cumprir cos requisitos sanitarios establecidos no Real decreto 599/2011, do 29 de abril, polo que se establecen as bases do Plan de vixilancia sanitaria do gando porcino, e no Real decreto 360/2009, do 23 de marzo, polo que se establecen as bases do Programa coordinado de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky.
c) Estar identificado de acordo coa normativa aplicable para o efecto e, no caso de gando porcino de raza Celta, deberán estar identificados individualmente e estar inscritos no Libro xenealóxico da raza.

ÁMBITO TEMPORAL

Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021.

COMUNICACIÓN DO DANO

1. Nas vinte e catro horas seguintes ao ataque no caso de gando en réxime intensivo e de tres (3) días no caso de gando en réxime semiextensivo ou extensivo, as persoas propietarias das reses deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará un código que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

O horario hábil de atención telefónica é desde as 8.00 ata as 20.00 horas, de luns a venres, e desde as 8.00 ata as 17.30 horas, os sábados.
Para os danos constatados entre as 17.30 horas dos sábados e as 8.00 horas dos luns, a comunicación da constatación do ataque realizarase nas vinte e catro horas seguintes contadas desde as 20.00 horas do domingo.

Os animais mortos non poderán ser manipulados para non obstaculizar o labor investigador dos/as axentes que se despracen ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta. Para isto, tomaranse as medidas oportunas para evitar, no posible, a alteración do escenario do acto de depredación, evitando en todo caso o seu traslado do lugar dos feitos.

Os animais feridos poderán ser atendidos por persoal veterinario coa menor manipulación posible co obxecto de non entorpecer o labor investigador.

2. A partir do 1 de outubro de 2021 poderán realizarse comunicacións por danos de lobo de acordo co establecido nos parágrafos anteriores e a concesión de axudas quedará condicionada a unha nova convocatoria no ano 2022.

CONTÍA DAS AXUDAS

1. O importe das axudas por morte do gando figura no anexo I desta orde.

Este importe incrementarase nun 30 % cando afecte gando pertencente a explotacións gandeiras dos concellos recollidos no anexo III desta orde e nun 10 % no caso daquelas explotacións en que se comprobase a aplicación de medidas preventivas fronte aos ataques do lobo, e que fosen avaliadas como axeitadas pola comisión de valoración correspondente, de acordo co criterio que fixe ao respecto a Dirección Xeral de Patrimonio Natural para o período de vixencia desta orde.

2. No caso de animais feridos, a axuda estimarase en función dos gastos veterinarios producidos e acreditados (enténdese por gasto veterinario tanto a actuación do persoal profesional como o tratamento prescrito), nunha contía que en ningún caso poderá exceder o límite das contías previstas no anexo I desta orde
 

ANEXO I

Baremo utilizado para o pagamento de axudas polos ataques do lobo

Especie Clase e idade Custo calidade normal Custo calidade selecta (*)
Ovino Cordeiro < 12 meses 59 € 89 €
Ovino Adulto ≥ 12 meses e < 6 anos 103 € 125 €
Ovino Adulto ≥ 6 anos 26 € 31 €
Cabrún Cabrito < 12 meses 74 € 110 €
Cabrún Adulto ≥ 12 meses e < 6 anos 103 € 132 €
Cabrún Adulto ≥ 6 anos 26 € 31 €

(*) Razas de ovino-cabrún incluídas no Catálogo oficial de razas de gando de España (anexo I do Real decreto 2129/2008) ou calquera outra raza de ovino-cabrún de liña pura.

 

Especie

Clase e idade

Custo raza Celta

Porcino

Leitón < 3 meses

91 €

Porcino

Porco ≥3 meses e < 6 meses

152 €

Porcino

Porco ≥6 meses e < 9 meses

202 €

Porcino

Porco da ceba ≥ 9 e < 12 meses

303 €

Porcino

Porco da ceba ≥ 12 meses

384 €

Porcino

Reprodutoras

364 €

Porcino

Reprodutora preñada

404 €

Porcino

Reprodutor

455 €

 

Especie

Clase e idade

Custo Rubia

Galega

Custo outras razas autóctonas*

Custo vacún leiteiro

Custo resto de reses de gando vacún

Bovino

Becerro < 2 meses

308 €

364 €

242 €

242 €

Bovino

Becerro ≥2 meses e <4 meses

387 €

463 €

308 €

308 €

Bovino

Becerro ≥4 meses e <6 meses

645 €

847 €

566 €

566 €

Bovino

Becerro ≥6 meses e <1 ano

665 €

876 €

585 €

585 €

Bovino

Vacún ≥ 1 ano e < 2 anos

888 €

1.162 €

968 €

775 €

Bovino

Vacún ≥ 2 anos e < 6 anos

1.211 €

1.817 €

1.613 €

1.211 €

Bovino

Vacún ≥6 anos e <9 anos

968 €

1.331 €

888 €

888 €

Bovino

Vacún ≥ 9 anos

581 €

725 €

485 €

485 €

*Outras razas bovinas autóctonas de Galicia: Cachena, Caldelá, Vianesa, Limiá e Frieiresa


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:
a) Para os danos
comunicados entre o 1 de outubro de 2020 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
É requisito imprescindible que se comunicase previamente o ataque do xeito e no prazo previsto na Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2020.
b) Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde o prazo de presentación será de 1 mes contado desde o día seguinte ao da comunicacióndo dano.