RESUMO ELABORADO POR
Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” e a Resolución completa na ligazón “Web”
RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), eno marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se realiza a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 3, 03/01/2022.
OBXECTIVO
Serán subvencionables os proxectos dirixidos á creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sostenibilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.
TIPOS DE APOIO
Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva e amparada no réxime de minimis. A axuda terá carácter de pago a tanto alzado.
BNEFICIARIOS POTENCIAIS
A) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.
Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.
B) Os autónomos e as microempresas e pequenas empresas de nova creación (dentro dos 12 meses anteriores á solicitude da axuda). Non se considera que existe nova creación nos supostos de cambio de natureza xurídica (de autónomo a sociedade mercantil unipersoal, por ex.) e se os socios que representen a maioría do capital social viñeran desenvolvendo a mesma actividade por conta propia dende antes dos 12 meses anteriores á data da solicitude de axuda.
2. Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica
SECTORES INCENTIVABLES
Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:
a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais.
Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE).
c) Prestación de servizos a empresas en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos…).
d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…).
e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TICs), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.
i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
j) Nosector da hostalería, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) que fagan uso do produto de proximidade.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda..
b) Os gastos e/ou investimentos incluídos no plan de negocio que deberá presentar o solicitante terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.
c) Será obrigatoria a creación dun mínimo de 1 emprego, ben sexa por conta propia ou indefinido por conta allea. A creación de emprego considerarase en unidades UTA. Para estes efectos, considérase (UTA) unha unidade de traballo anual, nos termos previstos no anexo I do Regulamento 651/2014, e equivale ao traballo dunha persoa na empresa en cuestión ou por conta da dita empresa a tempo completo durante todo o ano de que se trate. O traballo das persoas que non traballan todo o ano, ou traballan a tempo parcial, independentemente da duración do seu traballo, ou o traballo estacional, computarase como fraccións de UTA. No caso de creación de emprego a tempo parcial, acumularanse as fraccións ata acadar a unidade, non computando creacións de emprego por fraccións UTA restantes.
O plan de negocio que amose a viabilidade da iniciativa, axustarase aos contidos definidos no formulario electrónico de solicitude de axuda.
CONTÍA DAS AXUDAS
A axuda consistirá nunha prima cuxa contía básica establécese en 20.000 euros, e que poderá incrementarse ata un máximo de 45.000 euros nas seguintes situacións:
a) Creación de emprego indefinido (mínimo 1 emprego UTA). A creación de emprego debe ser adicional, ademais da man de obra correspondente ao beneficiario da axuda: 20.000 euros.
b) Ubicación nunha zona con limitacións naturais ou outras limitacións específicas contempladas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013, e relacionadas no anexo VI das bases reguladoras: 5.000 euros..
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 8 de marzo de 2022.