— Axudas contratación e formación en empresa ordinaria. Ata 30/09/2022

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” e a Orde completa na ligazón “Web”

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2022. Consellería de Emprego e Igualdade. DOG Nº 19 (28/01/2022)

OBXECTO E FINALIDADE

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerán as axudas que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e especialmente, daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade, coa finalidade de paliar os prexuízos derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 sobre o mercado de traballo, e realizar a súa convocatoria para o ano 2022 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A orde regula o Plan Galicia emprega de incentivos á contratación por conta allea, á formación e ao emprego con apoio a través de dous programas:

a) Programa I: Incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C).Inclúe catro tipos de axudas compatibles:

1. Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio da cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

2. Incentivos á contratación temporal, por medio da cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

3. Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só no caso das persoas mozas, mulleres e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

4. Incentivos á formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial e temporal por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

— LIÑA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación:

1. Ás contratacións indefinidas iniciais, incluídos os fixos descontinuos, realizadas desde o 1 de outubro de 2021 e ata o 30 de setembro de 2022, con persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social desempregadas segundo o establecido no artigo 5 desta orde de convocatoria.

2. Ás contratacións temporais que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2021 e ata o 30 de setembro de 2022, ambas inclusive. con persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social desempregadas segundo o establecido no artigo 5 desta orde de convocatoria.

3. Ás transformacións de contratos temporais en indefinidos que se formalicen desde o 1 de outubro de 2021 e ata o 30 de setembro de 2022, sempre que o contrato temporal obxecto de transformación estivese vixente no momento da entrada en vigor desta orde de convocatoria, realizados con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Esta limitación temporal non será de aplicación cando se trate de transformación en indefinidos de contratos formativos, de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación.

4. No caso das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial realizadas con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, serán subvencionables os incrementos de xornada ata acadar o 100 % da xornada ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.

REQUISITOS

A contratación pola cal se solicita subvención ten que cumprir os seguintes requisitos:
1. No suposto de contratación indefinida inicial, deberá ser a tempo completo, salvo a realizada coas persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, que poderá ser a tempo parcial.

2. No suposto de contratacións temporais, deberán realizarse cunha duración mínima inicial de doce meses no suposto de contratación de persoas mozas desempregadas, mulleres desempregadas e persoas desempregadas de longa duración. A duración do contrato subvencionable poderá ser de tres meses no suposto de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social desempregadas.

A contratación temporal deberá ser a tempo completo no caso das persoas mozas e mulleres e persoas desempregadas de longa duración.

A contratación temporal poderá ser a tempo parcial no suposto de contratos realizados con persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Quedan excluídos os contratos para a formación e a aprendizaxe.

3. No suposto de transformacións de contratos temporais en indefinidos, serán subvencionables as transformacións de contratos temporais realizadas con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, sempre que o contrato temporal obxecto de transformación estivese vixente no momento da entrada en vigor desta orde de convocatoria.

CONTÍA DOS INCENTIVOS

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de:

a) 6.000 euros cando a persoa traballadora contratada sexa unha persoa desempregada moza menor de 30 anos.
b) 10.000 euros cando a persoa traballadora contratada sexa desempregada de longa duración.
c) 12.000 euros cando o contrato se realice cunha muller desempregada.
d) 16.000 euros se o contrato se subscribe cunha persoa con discapacidade ou en risco de exclusión social. Neste suposto, se o contrato é a tempo parcial a contía do incentivo será a parte proporcional á xornada de traballo.

2. As contratacións temporais incentivaranse cunha axuda de:

a) 3.000 euros cando a persoa traballadora contratada sexa unha persoa moza menor de 30 anos.
b) 5.000 euros no caso de que o contrato se subscriba cunha persoa desempregada de longa duración.
c) 6.000 euros cando o contrato se realice cunha muller desempregada.
d) 8.000 euros se e contrato se subscribe cunha persoa con discapacidade ou en risco de exclusión social. Neste suposto, se e contrato é a tempo parcial, a contía do incentivo será a parte proporcional á xornada de traballo.

3. As contías establecidas nos puntos 1 e 2 incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

– No suposto de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
– Se a persoa contratada é maior de 45 anos.
– Persoas trans.
– Se a persoa incorporada é un emigrante retornado.
– Se a contratación se realiza con mulleres con profesións e oficios en que a muller estea subrepresentada, segundo o informe do Instituto Galego das Cualificacións que se reflicte na lista que figura no anexo V.

4. Os contratos indefinidos iniciais e temporais formalizados con persoas mozas menores de 30 anos, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social incrementaranse, ademais, nun 25 % se a persoa incorporada é unha muller.

5. As transformación de contratos temporais en indefinidos que cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de:

a) 2.000 euros cando a persoa traballadora contratada sexa unha persoa desempregada moza menor de 30 anos ou muller.
b) 3.000 euros se o contrato se subscribe cunha persoa con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Nas transformacións non serán aplicables os incrementos establecidos nos puntos anteriores.

— LIÑA DE INCENTIVOS ÁS ACCIÓNS FORMATIVAS NO CENTRO DE TRABALLO

Accións subvencionables e requisitos

1. As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun incentivo para a formación das persoas traballadoras subvencionadas por medio dos incentivos á contratación indefinida inicial e temporal previsto nesta orde. Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:

a) A persoa traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma que participa nas axudas á contratación indefinida inicial e temporal e, polo tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen para participar nas axudas reguladas na sección 1ª.

b) En canto á duración da acción formativa, será dun mínimo de 70 horas no caso dos contratos indefinidos iniciais e dunha duración mínima de 50 horas no caso dos contratos temporais, de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo a que asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.

c) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e deberá de estar finalizada en 30 de novembro de 2022.

d) Para as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2021 e a data de publicación desta orde, a acción formativa levarase a cabo no prazo de tres meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Queda excluída deste incentivo de formación aquela formación que supoña o cumprimento de obrigas legais empresariais en materia preventiva a que fai referencia o artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

CONTÍAS DOS INCENTIVOS E CONDICIÓNS DE PERCEPCIÓN

Esta formación incentivarase cunha axuda de 4.000 euros por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido inicial e de 2.000 euros por cada persoa contratada por medio dun contrato temporal inicial cunha duración mínima de doce meses, e que en ambos os dous casos cumpran os requisitos establecidos na presente orde.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2022.

2. As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2021 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde

  • Facebook
  • Twitter

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo