— Axuda: danos por xabaril. Ata 11/02/2021

Agaca
Por Agaca Xaneiro 15, 2021 11:28

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da orden en “Documentación” (formato PDF) e la Orde completa na ligazón”Web”

— ORDE de 17 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos poloxabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2021. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda. DOG Nº 5, 11/01/2021.

OBXECTO E PRINCIPIOS

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021.

ÁMBITO DE APLICACIÓN

1. Esta orde será de aplicación aos cultivos agrícolas danados polo xabaril pertencentes a explotacións agrarias situadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Nos casos en que o cultivo agrícola afectado estea parcialmente situado noutra comunidade autónoma, considerarase dentro do ámbito de aplicación desta orde cando a súa maior parte estea situada na Comunidade Autónoma de Galicia.

PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Poderanse acoller a estas axudas:

a) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril, inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).
b) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias de autoconsumo onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.

2. O expediente de axudas será único e comprenderá todos os danos producidos polo xabaril a unha mesma persoa beneficiaria antes da colleita

REQUISITOS

1. Os cultivos agrícolas afectados, polos que se solicita a axuda, deberán pertencer a unha persoa, física ou xurídica, inscrita en calquera das seccións en que se organiza o Reaga e que veñen recollidas no artigo 5.2 do Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, modificado pola disposición derradeira terceira do Decreto 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final:

a) Explotacións agrarias prioritarias.
b) Explotacións agrarias de titularidade compartida.
c) Explotacións acollidas ao réxime de venda directa (SEVEDI).
d) Outras explotacións agrarias.

2. No suposto de cultivos agrícolas afectados destinados ao autoconsumo, a persoa, física ou xurídica, solicitante da axuda deberá acreditar a titularidade da explotación a través de calquera dos medios de proba admitidos en dereito.

ÁMBITO TEMPORAL

Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas que se comuniquen desde o 11 de outubro de 2020 ata o 10 de outubro de 2021.

COMUNICACIÓN DO DANO

1. No prazo máximo de tres días desde produción dos danos en cultivos agrícolas, as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias, e os de autoconsumo deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará un código de identificación que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

O horario hábil de atención telefónica é desde as 8.00 ata as 20.00 horas, de luns a venres, e desde as 8.00 ata as 17.30, os sábados.

2. Unha vez rexistrada a denuncia, o persoal da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda desprazarase ata o lugar dos feitos para comprobar a existencia dos danos, despois da cal se poderá facer a colleita ou continuar co cultivo afectado. Esta valoración recollerase nun informe que será remitido ao correspondente Servizo Provincial de Patrimonio Natural.

3. A partir do 11 de outubro de 2021 poderán realizarse comunicacións por danos de xabaril de acordo co establecido nos parágrafos anteriores e a concesión de axudas quedará condicionada a unha nova convocatoria no ano 2022.

IMPORTE DAS AXUDAS

1. O importe das axudas por morte do gando figura no anexo I desta orde.

2. O importe máximo por persoa beneficiaria establécese en 2.000 €. No caso de que os danos excedan este importe, a persoa beneficiaria terá dereito a axuda máxima, é dicir, 2.000 €.

ANEXO I

Baremo utilizado para o pagamento de axudas para paliar os danos producidos
polo xabaril en cultivos agrícolas

Tipo de cultivo Importe por m²
Código Descripción €/m²
MIG Millo en gran 0,16
MIF Millo forraxeiro 0,25
TRI Trigo 0,12
CEN Centeo 0,12
PRA Pradaría 0,12
PAT Pataca 0,44
FRU Froiteiras 3,25
HO1 Hortalizas 1 (cenoria, repolo y nabo) 0,69
HO2 Hortalizas 2 (coliflor, tomate, berenjena, cabaciña, cebola, feixón verde, lechuga, pemiento e allo porro) 1,82
VID Uva 2,93

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:

a) Para os danos comunicados entre o 11 de outubro de 2020 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.

b) Para os danos comunicados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación da solicitude de axuda será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano ao teléfono 012, de acordo co establecido no artigo 6 desta orde.