- Lanzamos o taller gratuíto “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”, que se celebrará online, consta de 5 sesións temáticas os martes e xoves de xaneiro.
-
Para inscribirse é necesario completar este formulario ou chamar ao 981 58 47 83.
AGACA lanza o obradoiro en liña “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”. O seu obxectivo global é definir aspectos xerales e elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no medio rural, para o que se impartirán 5 sesións temáticas, en horario de mañá.
11 de xaneiro – Elaboración do plan emprendedor. Análise de viabilidade do proxecto: persoal, técnica/comercial e financeira, previsión de resultados
PONENTE: D. David Vila López, técnico de AGACA.
13 de xaneiro – Por que emprender? A importancia da motivación por emprender: importancia social e económica do emprendedor
PONENTE: Dª. Loli Couso Costa, técnica de AGACA.
18 de xaneiro – Xeración e maduración das ideas para un proxecto emprendedor no medio rural. Estratexias para levar adiante as túas ideas con éxito
PONENTE: D. Higinio Mougán Bouzón, director-xerente de AGACA.
20 de xaneiro – Oportunidades de negocio para o emprendemento no medio rural: 12 exemplos
PONENTE: D. Demetrio Bedriñana Bañico, técnico de AGACA.
25 de xaneiro – A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento. A posta en marcha do proxecto. Posibles apoios e axudas públicas iniciais á posta en marcha do proxecto emprendedor
PONENTE: D. Carlos Ares Fernández, técnico de AGACA.
Podes atopar o programa completo aquí.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento de Ministerio de Trabajo y Economía Social.