- O obradoiro gratuíto, que se pode seguir online, comeza o día 16 de xuño.
- A inscripción pode realizarse nesta ligazón.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) retoma en 2021 as accións encamiñadas ao apoderamento da muller cun obradoiro gratuíto de tres sesións, que se celebrará en liña en horario de 16:00 a 21:00 h.
As dúas primeiras sesións, o 16 e o 23 de xuño, céntranse na comunicación en redes sociais: dende o seu manexo básico ata o impacto do que nelas se comparte. Nuria Pico, de Viravira Estudio, encárgase das charlas.
O obradoiro conclúe o 30 de xuño coa temática da automotivación, que se desenvolverá mediante unha sesión de risoterapia a cargo de Irene Megina, da Escuela de Risoterapia de Madrid.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
Descargar programa completo aquí.
14/06/2021