- Esta iniciativa, que se encadra dentro do proxecto Poctep Laces, prestará asesoramento a un total de dezaoito proxectos que se titorizarán para promover o seu desenvolvemento durante aproximadamente 4 meses.
- Unha innovadora metodoloxía así como o apoio recibido polo equipo de titores, son dous dos aspectos máis destacables da aceleradora.
- O prazo de inscrición de candidaturas será en liña, desde a web da Consellería de Economía, Emprego e Industria e estará aberto ata o próximo 23 de xaneiro.
A Secretaría Xeral de Emprego pon en marcha o programa ES-CONECTA, unha aceleradora de economía social enmarcada dentro do proxecto POCTEP LACES, e cuxo obxectivo é o desenvolvemento de novos proxectos de emprendemento social na Eurorrexión reducindo os tempos de posta en marcha e a mellor consolidación destes proxectos empresariais, o que garante a viabilidade destes e minimiza os riscos inherentes aos devanditos procesos.
A aceleradora estrutúrase nun programa de alto rendemento duns catro meses de duración, que combina, baixo a supervisión dun equipo de especialistas, un conxunto de accións baseadas na formación, a titorización, o coaching, a mentorización e o apoio no acceso a financiamento externo.
As bases da convocatoria poden consultarse no seguinte ligazón:
http://ficheiros-web.xunta.gal/cei/Convocatoria%20aceleradora_ESCONECTA.pdf
O prazo para formalizar as presentacións das candidaturas está aberto dende o pasado 27 de decembro e finalizará o próximo 23 de xaneiro de 2019. A inscrición realízase en liña, e sen custos, a través da web da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Para elo, é necesario cubrir o seguinte formulario e anexarse a memoria dispoñible na seguinte ligazón https://goo.gl/forms/taWYNjPLSbrPYkGS2
Podes descargar aquí un tríptico informativo (PDF)