• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

ABANCA ofrece solucións de crédito ás cooperativas e cooperativistas de AGACA

29 de Setembro de 2017
en Novidades
ABANCA ofrece solucións de crédito ás cooperativas e cooperativistas de AGACA
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • A entidade financeira e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias exploran novas fórmulas de financiamento adaptadas ás necesidades de cada colectivo.
  • O banco con sede en Galicia ratifica o seu compromiso cun sector clave para a economía e o desenvolvemento da comunidade.
  • ABANCA contribúe tamén á posta en valor e divulgación da certificación da calidade dos produtos agrogandeiros.

20170929_ABANCA_AGACA_convenioABANCA e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) veñen de asinar un novo convenio que dá resposta ás necesidades dun sector clave para a economía de Galicia. A entidade financeira renova así o seu compromiso co sector primario e coas cooperativas e cooperativistas vinculados ao mundo agroalimentario.

O presidente de AGACA, José Severino Montes, e o director de ABANCA Empresas e Pemes, Víctor Casal, rubricaron hoxe un acordo na sede da Asociación que responde ás demandas recibidas pola entidade financeira desde o sector. O acto tamén contou coa participación do director de ABANCA Agro, Jesús Combarro.

O convenio permite a estes profesionais acceder á ampla oferta agro-gandeira de ABANCA, deseñada especificamente para dar resposta ás súas necesidades. Para iso, a entidade financeira galega habilita desde este momento unha póliza de crédito, renovable ata cinco anos, con xuros moi baixos e sen comisións. Para facer fronte aos gastos correntes, ABANCA tamén conta con fórmulas como anticipos de subvencións ou devolucións de impostos.

No capítulo de investimentos, o banco con sede en Galicia ofrece a cooperativas e cooperativistas préstamos persoais sen xuros ou comisións con amplos prazos de amortización. De maneira adicional atopamos alternativas como o financiamento de planes de mellora ou o préstamo investimentos para o sector forestal e vitivinícola. O texto asinado tamén inclúe o apoio de ABANCA ao crecemento e internacionalización do colectivo de cooperativas, a través de produtos como as liñas de comercio exterior, o confirming e o factoring.

O compromiso da entidade financeira intensifícase en sectores que están a atravesar dificultades, como o lácteo, o vitivinícola ou os cultivos de patacas. Nesta liña, ademais de atender as súas necesidades de crédito, ABANCA ofrece o financiamento de seguros agrarios, que poden axudar a paliar os efectos das inclemencias meteorolóxicas máis habituais.

Paralelamente á sinatura do convenio financeiro, ABANCA e AGACA expresaron o seu interese en divulgar a relevancia que supón para o sector a obtención de certificacións de calidade. De feito, nos vindeiros meses programarán sesións dirixidas a informar aos gandeiros de produción láctea.

Este apoio da entidade financeira xa conta con precedentes en numerosas cooperativas de Galicia e axentes relevantes do sector primario. Hai máis de dous anos ABANCA lanzou ABANCA Agro, a súa unidade especializada que reforza o seu compromiso con este sector estratéxico para a economía de Galicia. Trátase dunha división que conta con ofertas financeiras deseñadas ad hoc para atender as súas necesidades particulares e xestores altamente formados.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias é a organización representativa do cooperativismo agroalimentario da Comunidade Autónoma de Galicia, no sentido máis amplo do termo: comprometida coa representación das cooperativas e das súas particularidades empresariais e sociais e tamén cos cooperativistas, tanto na dimensión humana como na profesional.

A través deste compromiso coa entidade financeira, a Asociación evidencia novamente a procura de opcións diversas que sirvan de apoio e estímulo ás cooperativas e aos seus cooperativistas tratando de acadar convenios que axuden a aliviar ás múltiples cargas ás que deben facer fronte os profesionais do contorno rural galego e agradece o apoio de Abanca no impulso da certificación nas explotacións lácteas galegas.

 

29/09/2017

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.