- O banco reimpulsa a súa colaboración coa asociación que agrupa os intereses deste colectivo en Galicia.
- A entidade financeira pon a disposición do sector a experiencia e as solucións a medida da súa unidade especializada ABANCA Agro.
ABANCA acaba de renovar o seu convenio coa Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e dá un novo pulo a unha colaboración clave co sector. Esta rúbrica chega ademais nun momento clave para o sector primario en Galicia, que tamén acusa os efectos da pandemia e o seu efecto na economía. Malia iso, segue a ser un dos sectores menos impactados e foi decisivo nos momentos más complicados da pandemia, mantendo a actividade e garantindo en todo momento o abastecemento de alimentos.
O director de ABANCA Agro, Jesús Combarro, e o director xerente de AGACA, Higinio Mougán, rubricaron o novo texto na sede institucional de AGACA en Santiago. A renovación deste convenio tamén contou coa participación do coordinador de ABANCA Agro para Galicia, Alberto Silva.
Grazas a este novo acordo, as cooperativas e as súas persoas cooperativistas terán acceso a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas. Alternativas de crédito especialmente deseñadas para o sector agrogandeiro que inclúen dende préstamos ou leasing para acometer investimentos estratéxicos, ata outros produtos deseñados para atender as necesidades diarias do negocio. É o caso da póliza de crédito de ata cinco años, idónea para achegar liquidez e que permite un aforro importante en gastos de formalización.
O acordo inclúe tamén, de entrada, outros produtos moi demandados polo colectivo como anticipos de subvencións, anticipos produción, préstamo campaña o fraccionamento de impostos, avais, liñas de desconto ou confirming, entre outros.
Todo iso sen esquecer as opcións de financiamento vía convenios oficiais coma o ICO, o el Instrumento Financeiro de Xestión Centralizada que permite incorporar a garantía pública do 80% ao amparo do convenio firmado coa Conselleria de Medio Rural con destino pago uva da presente campaña 2020.
Unha colaboración entre dúas entidades moi orientadas ao sector
ABANCA Agro é a unidade especializada creada polo banco hai más de cinco años para avanzar na especialización sectorial trasladando un completo catálogo de produtos e servizos adaptado ás necesidades do sector.
Cabe destacar tamén a ampla rede de oficinas que a entidade segue mantendo no rural galego e que permite ofrecer un adecuado servizo a cooperativas e cooperativistas.
As 78 cooperativas que integran actualmente AGACA, cunha facturación acumulada de 1.400 millóns de euros e outros 600 millóns en entidades participadas maioritariamente por elas, poñen en valor a importancia do cooperativismo agroalimentario na nosa economía e tamén a boa aceptación que teñen para as cooperativas os servizos que se lles prestan dende AGACA (representación, información de axudas, formación, consultoría, calidade…). Precisamente, nestes días a Asociación traballa na presentación do Plan Estratéxico do Cooperativismo Agroalimentario Galego.
13/01/2021