• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

A Xornada “Liñas de Axudas e Apoios Públicos” destaca as subvencións agrogandeiras

29 de Xaneiro de 2016
en Novidades
A Xornada “Liñas de Axudas e Apoios Públicos” destaca as subvencións agrogandeiras
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e CaixaBank celebraron a xornada “Liñas de Axudas e Apoios Públicos” en Santiago de Compostela.
  • Responsables dos organismos convocantes pormenorizaron nos requisitos e prestacións de máis de 17 axudas de recente convocatoria que terán validez en 2016 para o sector agroalimentario.

Preto de sesenta persoas socias de cooperativas de diferentes sectores agroalimentarios asistiron o 28 de xaneiro en Santiago á xornada “Liñas de Axudas e Apoios Públicos”, onde se detallaron as condicións e prestacións de diversas axudas relacionadas tanto con sectores produtivos concretos como con fomento do emprego, innovación, comercialización ou investimentos.

Investimentos, melloras e desenvolvemento

Entre as diferentes liñas de axudas que se trataron, houbo varias destinadas a investimentos en desenvolvemento das entidades, fose de xeito directo ou indirecto.

Neste senso, Nicasio Mejuto, subdirector xeral de Explotacións Agrarias, animou aos profesionais da agricultura menores de 40 anos a solicitar as axudas dispoñibles no Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014 – 2020 para renovar e mellorar as súas explotacións.

José M. Janeiro (xefe de Servizo de Industrialización e Comercialización. Consellería do Medio Rural), falou sobre as axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e Beatriz Calderero, responsable de información do IGAPE, expuxo liñas de apoio ao financiamento de explotacións leiteiras, así como o programa RE-SOLVE, que contempla préstamos de entre 3.000 e 15.000 euros.

No que respecta ás melloras enerxéticas, o xefe de área de aforro e eficiencia enerxética do INEGA, José Ángel Abad, mostrou as axudas do INEGA para efectuar medidas de eficiencia enerxética como auditorías, implantación de sistemas de xestión, aforro e eficiencia enerxética ou combustibles alternativos.

Internacionalización e fomento do emprego

Xerou un grande interese nos asistentes a exposición de María Dolores García de los Huertos, xerente da Oficina de Internacionalización do IGAPE, sobre os dous programas Galicia Exporta: un para Empresas e outro para Organismos Intermedios, destinados a accións de promoción e comercialización en mercados estranxeiros. Galicia Exporta Organismos Intermedios ten como particularidade que deben solicitalo, actuando como intermediarios de parte de entidades particulares, asociacións (por exemplo AGACA), Denominacións de Orixe, Consellos Reguladores, ou outros tipos de organismos que actúen como intermediarios ou representantes.

Existe ademais unha liña de fomento da contratación de persoas mozas con formación relacionada con comercio exterior.

Tamén orientado á contratación tanto temporal como indefinida de persoas menores de 30 anos, é o programa de Garantía Xuvenil, xestionado en Galicia pola subdirección Xeral de Emprego, que foi exposto por Jorge Barros.

Alba Paz, secretaria xeral de Economía Social, pola súa banda, centrouse nos programas de fomento do emprego en cooperativas e incentivos ao autoemprego colectivo, ademais de medidas para favorecer o I+D+i e a integración.

Accións sociais

Por outra banda, Laura Lema, responsable de Negocio Agrario de CaixaBank presentou unha das iniciativas da entidade, a través de AGACA, para cubrir a tarifa plana de autónomos menores de 30 anos que inicien a actividade agraria.

Ademais, presentou o Programa de Axudas de Proxectos de Iniciativas Sociais 2016, a través de Obra Social “la Caixa”, orientado a que ao financiamento de accións sociais emprendidas por cooperativas no ámbito rural, especialmente as dirixidas a persoas mozas e menores de idade, persoas con discapacidade e persoas en risco de pobreza ou exclusión social.

Liñas de apoio: explotacións leiteiras, circulante e activo corrente

LIÑAS DE APOIO: ACCESO E ADECUACIÓN DO FINANCIAMENTO DAS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS; RE-SOLVE PARA FINANCIAMENTO; PRÉSTAMOS PARA CIRCULANTE

Beatriz Calderero. Responsable de Información en IGAPE

Ver documento (60,3 Kb)

Liñas de Apoio para PEMES

LIÑAS DE APOIO PARA AS PEMES GALEGAS

Beatriz Calderero. Responsable de Información en IGAPE

Ver documento (2,34 Mb)

A proxección exterior, unha alternativa de futuro

A PROXECCIÓN EXTERIOR, UNHA ALTERNATIVA DE FUTURO

Mª Dolores García de los Huertos. Xerente Oficina Internacionalización en IGAPE

Ver documento (181 Kb)

AXUDAS A INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS 2014 – 2020

José Manuel Janeiro Caramés. Xefe de Servizo de Industrialización e Comercialización

Consellería do Medio Rural

Ver Documento (1,12 Mb)

Plans de Mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións

PLANS DE MELLORA, INCORPORACIÓN DE MOZOS E PEQUENAS EXPLOTACIÓNS

Nicasio Mejuto Martí. Subdirector Xeral de Explotacións Agrarias

Consellería do Medio Rural

Ver documento (1,08 Mb)

Incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil

INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

Jorge Barros de la Peña

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Ver documento (962 Kb)

Fomento da Economía Social e o Emprego 2016

FOMENTO DA ECONOMÍA SOCIAL E O EMPREGO 2016

Alba Paz Boubeta. Subdirectora xeral de Economía Social

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Ver documento (943 Kb)

Programa de aforro e eficiencia enerxética na industria e servizos

PROGRAMA DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NA INDUSTRIA E SERVIZOS

José Ángel Abad Sánchez. Xefe de Área de Aforro e Eficiencia Enerxética

INEGA

Ver documento (1,42 Mb)

Proxectos Sociais_ AgroBank e Obra Social la Caixa

PROXECTOS SOCIAIS: AGROBANK E OBRA SOCIAL LA CAIXA

Laura Lema Tasende. Responsable Negocio Agrario CaixaBank

Ver documento (1,40 Mb)

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.