NOTA DE PRENSA: Sociedade Galega de Pastos e Forraxes
- Con motivo da V Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes presentarase a primeira edición do Premio ION-SGPF, cunha dotación de 3.000 €.
Os vindeiros 9 e 10 de novembro a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) organiza a súa V Reunión de Outono titulada “Retos e Oportunidades da gandería de montaña”. A Reunión terá lugar no Centro sociocultural de O Cádavo, no Concello de Baleira (Lugo).
O obxectivo destas xornadas é achegar a realidade das ganderías de vacún de carne da zona e presentar novidades sobre o percorrido da nova PAC, así como revisar as ferramentas de manexo deste tipo de gando.
Así mesmo, a empresa de Lugo ION e a SGPF presentarán a convocatoria do PREMIO ION-SGPF e as súas bases. Premiarase o mellor peche gandeiro electrificado conforme ás bases, e a gandería seleccionada recibirá un premio de 3.000 €.
A xornada do sábado 10 consistirá en visitas a ganderías da zona e, como remate da Reunión, nun xantar no que se recoñecerán os novos socios de honra da SGPF.
A inscrición permanece aberta ata o 6 de novembro, a través de:
686620154 e 619032791