- Membros do Consello Reitor da Cooperativa Sant Josep Burriana (Castelló) reuníronse onte con representantes de Delagro en Santiago de Compostela.
A cooperativa castellonenca, inicialmente centrada no cultivo de cítricos, é unha das integrantes do grupo Intercoop, presente en toda a comunidade Valenciana. Comparten con Delagro a súa estrutura de cooperativa de segundo grao e a súa aposta pola diversificación: ambas as sociedades ofrecen actualmente servizos de seguros, tendas especializadas e puntos de venda con gasolineira entre outros.
Os representantes de Burriana atópanse en Galicia visitando varias cooperativas da Comunidade, para coñecer a situación do sector agroalimentario galego e atopar opcións de proxectos colaborativos.
Durante a reunión con Delagro, os integrantes de ambas as dúas entidades compartiron impresións acerca da situación actual do sector primario. Aínda que é certo que pola súa localización xeográfica a actividade agrícola de base de ambas as entidades é diferente, son moitas as similitudes e máis as inquietudes comúns, polo que se están valorando varios proxectos de colaboración
.