• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

Arrincan con notable alto os espazos POP UP de produtos galegos de economía social

25 de Febreiro de 2019
in Novidades
Arrincan con notable alto os espazos POP  UP de produtos galegos de economía social
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • A iniciativa “Espazos Efémeros de Emprendemento de Economía Social POP UP” permitiu aos visitantes do Mercado de Abastos de Compostela apreciar a calidade dos produtos agroalimentarios galegos.
  • As enquisas a expositores e público desta I edición mostraron resultados moi positivos en canto ás marcas, os produtos, a iniciativa e organización.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias – AGACA- organiza esta actividade no marco do proxecto Interreg PocTep LACES, na que 17 empresas e emprendedores de economía social de Galicia presentarán os seus produtos máis innovadores ao público durante seis fins de semana.

2019025_wb_LACES_FOTO-INSTITUCIONAL-ESPAZOS-POP-UP O lanzamento dos Espazos Efémeros de Emprendemento de Economía Social POP UP, organizados pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias – AGACA- no marco do proxecto Interreg PocTep LACES, saldouse cunha valoración favorable por parte de entidades participantes e visitantes ao Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.

O pasado venres tivo lugar a primeira xornada da exposición, que recibiu a visita oficial de Alba Paz Boubeta, subdirectora xeral de Economía Social da Xunta de Galicia; Concepción Fernández Fernández, concelleira de Economía social do Concello de Santiago; José Severino Montes Pérez, presidente de AGACA, e Higinio Mougán Bouzón, director xerente de AGACA. Como o resto de asistentes ao ‘pop up’ instalado na aula Gastronómica do Mercado, puideron descubrir os produtos dos diferentes postos.

Durante as xornadas do venres 22 e do sábado 23 de febreiro, seis empresas de economía social de Galicia tiveron ocasión de testear os seus produtos e innovacións ante o público. O obxectivo desta cita, como das outras cinco que terán lugar ata o mes de xullo, é obter de forma directa unha valiosa retroalimentación do potencial cliente antes de lanzarse ao gran mercado, así como titorías e asesoramento en diferentes facetas relacionadas co funcionamento exitoso dunha entidade de economía social. Tras esta experiencia, as empresas participantes poderán perfeccionar o seu modelo de negocio.

Para favorecer a retroalimentación, durante os dous días realizáronse cuestionarios aos visitantes e ás empresas que, preguntadas por aspectos como contacto co público, difusión da marca, aceptación dos produtos ou expectativas ante a iniciativa, outorgaron puntuacións de notable alto.

As primeiras empresas en participar na exposición “Espazos Efémeros de Emprendemiento de Economía Social” foron Milhulloa, S. Coop. Galega; Condado Paradanta, S. Coop. Galega; Productores do Campo Capela, S. Coop. Galega; Terras da Mariña, S. Coop. Galega; Tres Fuciños, S. Coop. Galega y C.E.E. Freshcut S.L., empresa produtora da marca Galifresh.

O pop up “Espazos Efémeros de Emprendemento de Economía Social” de AGACA regresará os  días 1 e 2 de marzo, 8 e 9 de marzo, 21 e 22 de xuño, 28 e 29 de xuño e 5 e 6 de xullo, en horario de 09.15 a 15.00 horas, no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.

Organizadores

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias – AGACA- organiza esta actividad no marco do proxecto LACES: Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social, no que participan tamén Universidade de Santiago de Compostela, EspazoCoop (Unión de Cooperativas Galegas), Aesgal (Agrupación Empresarial de Sociedades Laborales de Galicia), Xunta de Galicia, Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro, Universidade do Minho, In.cubo (Incubadora de Iniciativas Empresariales Inovadoras) e a Câmara Municipal de Santo Tirso.

Proxecto LACES

interreg-laces-perfil-contratanteO Proxecto LACES: Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social, está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través doPrograma Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

O Proxecto LACES ten como fin último contribuír ao fomento e consolidación da economía social na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para conseguir un salto cualitativo na súa capacidade para xerar e consolidar emprego, a través da execución de programas piloto para a competitividade e impulso de empresas de economía social no espazo transfronteirizo.

Que é a economía social?

Denomínase economía social ao conxunto de actividades privadas creadas para satisfacer as necesidades dos seus integrantes e/ou o interese xeral económico ou social. É o caso de cooperativas, sociedades laborais e centros especiais de emprego.

Os principios orientadores da economía social son, entre outros, a primacía das persoas e do fin social sobre o capital; adhesión libre e voluntaria; xestión autónoma, transparente e democrática; orientación aos intereses dos membros e ao interese xeral; aplicación dos resultados ao fin social obxecto da entidade ou ao interese xeral; solidariedade, igualdade de oportunidades e cohesión social, e independencia dos poderes públicos.

25/02/2019

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}