• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

AGACA analiza o sector lácteo nunha xornada

7 de Novembro de 2018
in Novidades
AGACA analiza o sector lácteo nunha xornada
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Onte tivo lugar a xornada “Desenvolvemento do cooperativismo lácteo galego: Integración” onde se detallou a situación do sector dende as perspectivas normativa, produtiva, industrial y comercial.
  • Organizou a xornada a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).

20181107_xornada-lacteaA xornada “Desenvolvemento do cooperativismo lácteo galego: integración” congregou onte en Santiago a medio centenar de profesionais do sector lácteo. En canto á situación do sector, relatorios de Carlos Ares, técnico de AGACA, e Fernando de Antonio, técnico de gandería de Cooperativas Agro-alimentarias de España, mostraron previsións de futuro marcadas pola incerteza por factores como a imposibilidade de predicir o impacto nos prezos do Brexit e da tensión comercial entre China e Estados Unidos; ademais, factores climáticos implican a curto prazo en Europa un descenso na cantidade producida, así como nos niveis de graxa e proteína e, en última instancia, na cantidade de animais da cabana.

De Antonio presentou tamén o borrador da nova normativa do paquete lácteo, que regula as relacións contractuais na cadea de produción e subministración de leite de vaca, ovella e cabra, así como as actividades a realizar polas organizacións interprofesionais.
En canto a estas organizacións, Águeda García-Agulló, directora xerente da Organización Interprofesional Láctea (INLAC) falou das aplicacións da extensión de norma do sector, entre elas campañas promocionais dos lácteos como alimento saudable, que se verán en vindeiros meses.

Higinio Mougán, director xerente de AGACA, presentou as reformas da nova Política Agraria Común (PAC), que supón maior subsidiariedade e un modelo de xestión baseado no rendemento, apoia accións e plans de fortalecemento á innovación e á transmisión e aplicación de coñecemento, ademais de reforzar medias de protección medioambiental. Porén, indicou, os novos plans estratéxicos da PAC poderían supor un risco de renacionalización desta política, o que podería afectar ao funcionamento do mercado único da UE polo que “é importante que haxa un único Plan Estratéxico da PAC por estado membro”.

Por parte da industria e as cooperativas, Iago Quintana, director xeral de Dairylac (cooperativa Aira), presentou o seu proxecto industrial. Destacou, entre as innovacións que representa, o equipo de electrodiálise para soro lácteo: “En moitas industrias, coma o chocolate ou alimentación infantil, cómpren perfís de minerais moi específicos. Nas nosas instalación podemos desmineralizar nun 90%; non hai de momento en España ningún equipo así”.

En canto a comercialización, Pedro Martos, director de Prodescon, mostrou Leite Spot, circuítos alternativos de comercialización do leite cru

Con respecto da produción, María Rey, técnica de AGACA, e Xosé Ramón Diéguez, veterinario en Delagro, presentaron a proposta de protocolo para o uso responsable de antibióticos en vacún de leite, que está a ser debatida no marco da Axencia Española do Medicamento. España é un dos países da Unión Europea onde máis se receitan medicamentos veterinarios e a nova lexislación establece a administración excepcional, e só de maneira individual, destas substancias cando o risco de enfermidade sexa moi alto.

20181107_xornada-lactea-Fernando-antonioHomenaxe

Durante a xornada, realizouse unha homenaxe a Fernando de Antonio, con motivo da súa próxima xubilación. De Antonio é técnico de sectores gandeiros en Cooperativas Agro-alimentarias de España, polo que dende AGACA e as cooperativas se lle quixo agradecer o traballo desempeñado durante anos.

RELATORIOS

Alianzas cooperativas para avanzar na integración e desenvolvemento do cooperativismo lácteo – Higino Mougán – Director-xerente de AGACA  – PDF (986 Kb)

Plan Uso Responsable de antibióticos en bovino lechero – María Rey – Responsable de calidad e innovación alimentaria – AGACA  – PDF (3 Mb)

Evolución venta antibióticos 2014/2018 – Delagro – PDF (746 Kb)

Perspectivas y comercio de leche y de productos lácteos – EUCOLAIT – PDF (136 Kb)

Informe de prezos do leite – Carlos Ares – Técnico de gandería e promoción cooperativa –AGACA – PDF (419 Kb)

Comercio Exterior y Consumo – Cooperativas Agro-alimentarias de España – PDF (350 Kb)

Nova Normativa do Paquete Lácteo –Depto. Ganadería  – Cooperativas Agro-alimentarias de España – PDF (574 Mb)

Previsiones a corto plazo sector lácteo –  DG AGRI – PDF (1,8 Mb)

Nueva Extensión de Norma de Inlac: Proyectos – Águeda Águeda García-Agulló – Directora Inlac – PDF (5 Mb)

Circuitos alternativos de comercialización de leche cruda: leche spot y canales de informacion de precios – Cooperativas Agro-alimentarias de España – PDF (467 Kb)

PROPUESTAS REFORMA PAC 2021-2027, Posición de Cooperativas Agro-alimentarias de España (CIS Madrid 12 septiembre de 2018 -Gabriel Trenzado,  Director de Asuntos Internacionales y de la UE de Cooperativas Agro-alimentarias de España) + Outras propostas e Comentarios (Higinio Mougán, Director-Xerente de AGACA) — PDF (1,6 Mb)

07/11/2018

Tags: Lácteo.
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}