- O 1 de decembro terá lugar en Santiago a presentación do libro no marco dunha xornada técnica dirixida a profesionais do sector lácteo.
- Coordinado por Miguel Díaz Yubero, o volume compila colaboracións de 33 expertos en sector lácteo.
- O volume analiza a situación o sector lácteo desde a implantación das cotas lácteas, as súas fortalezas e aspectos a mellorar e propón ámbitos de actuación para reforzalo.
Cajamar publica “O sector lácteo español na encrucillada” como título monográfico dentro da serie dedicada a Economía. Entre os expertos que colaboran nos seus contidos e atopan Eduardo Baamonde, director de Cajamar e exdirector de Cooperativas Agro-alimentarias de España, e Agustín Herrero, actual director xeral da mencionada entidade.
Entre os contidos da publicación atópase unha análise do sector lácteo mundial e o lugar que o europeo e español ocupan. Tócanse tamén cuestións relacionadas coa lexislación e normativas que afectan o sector lácteo, a economía e a innovación industrial, xunto con factores sociais como parámetros de consumo
A presentación e xornada técnica teránn lugar o 1 de decembro no Hotel Eurostars San Lázaro, de Santiago de Compostela, de 11:30 a 14:15h. As persoas interesadas en asistir, poden inscribirse en protocolocajamar@cajamar.es ou no 981 58 49 11.




