• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Destacadas

AGACA reclama no Parlamento apoio público específico ás cooperativas para reforzar o sector lácteo galego

Agaca por Agaca
5 de Novembro de 2026
en Destacadas, Novidades
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • O director-xerente de AGACA, Carlos Ares, reclama un tratamento diferenciado para os proxectos cooperativos, xa que o apoio público a estas entidades pode beneficiar a centos ou miles de explotacións e contribúe á competitividade do sector lácteo galego.
  • AGACA defende unha maior presenza das cooperativas na transformación e comercialización para reforzar a capacidade de negociación das ganderías e conseguir que unha maior parte do valor xerado quede nas mans das persoas produtoras.
  • AGACA advirte de que a Lei da cadea alimentaria non garante por si soa a rendibilidade das explotacións nin corrixe a desigualdade negociadora fronte á industria.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) reclamou hoxe no Parlamento de Galicia un tratamento diferenciado para os proxectos cooperativos nas políticas de apoio ao sector lácteo, tendo en conta que os recursos destinados a estas entidades benefician a numerosas explotacións e contribúen a mellorar a súa competitividade e capacidade de negociación.

O director-xerente de AGACA, Carlos Ares, trasladou esta proposta durante a súa comparecencia na Comisión non Permanente Especial de Estudo sobre os Factores que Inflúen sobre o Prezo do Leite en Galicia e a Dificultade de Aplicación Práctica da Normativa en Contratación Alimentaria no Sector do Leite.

Ares centrou a súa intervención na importancia do cooperativismo para o funcionamento do sector lácteo galego e na necesidade de fortalecer a posición das cooperativas no mercado. Na súa opinión, Galicia realizou durante décadas un importante esforzo para modernizar as explotacións, mellorar a calidade do leite e incrementar a produción, pero non avanzou na mesma medida na transformación e na comercialización.

«Galicia non pode conformarse con ser líder estatal en produción láctea. Ten que aspirar a liderar a comercialización, as marcas e a relación co consumidor», defendeu.

 O apoio público ás cooperativas beneficia a centos de explotacións

O director-xerente lembrou que as cooperativas lácteas son empresas propiedade das persoas gandeiras, que participan no seu control e nas súas decisións. A diferenza doutras sociedades mercantís, os beneficios distribúense entre as persoas socias en función da actividade realizada coa cooperativa, mentres que outra parte dos resultados se destina a reservas, formación e actuacións de interese social.

Por estas características, AGACA defende que as cooperativas reciban un tratamento diferenciado por parte das administracións e un apoio específico aos seus proxectos. Ares explicou que, mentres unha axuda concedida a unha empresa individual beneficia directamente a súa actividade, os recursos destinados a unha cooperativa poden repercutir en centos ou miles de persoas socias.

Esta aposta polo cooperativismo resulta especialmente importante no sector lácteo por tres razóns: permite que as persoas produtoras participen en maior medida do valor xerado pola comercialización, contribúe a organizar mellor o sector e a darlle estabilidade fronte ás oscilacións do mercado, e favorece que unha actividade fundamental para a economía galega xere máis riqueza no propio territorio.

Neste sentido, Ares reclamou un apoio institucional decidido aos proxectos cooperativos que permitan captar unha maior parte do valor do leite para as explotacións gandeiras.

Ares destacou que as cooperativas comercializan máis do 50 % dos pensos destinados á alimentación das vacas de leite de Galicia, subministran máis do 35 % dos fertilizantes empregados nas explotacións e máis do 40 % doutros produtos de uso habitual, como plásticos para silos ou produtos de limpeza.

A esta actividade súmase unha ampla oferta de servizos: maquinaria compartida, asesoramento veterinario e agronómico, control da calidade do leite e apoio técnico á xestión das granxas, entre outros.

Estes servizos permiten ás explotacións acceder a produtos, medios técnicos e maquinaria a prezos competitivos, reducir custos e mellorar a eficiencia produtiva. Tamén son especialmente importantes para as granxas de menor dimensión, que dificilmente poderían asumir individualmente determinados investimentos.

AGACA considera que esta rede de servizos é unha das principais fortalezas do sector lácteo galego e contribúe á capacidade das explotacións para adaptarse aos cambios, manter a súa competitividade e afrontar novos investimentos.

O peso das cooperativas na produción contrasta coa súa escasa presenza na transformación

Fronte á súa destacada presenza nos servizos ás explotacións, AGACA advertiu de que o cooperativismo galego aínda ten unha participación reducida na transformación industrial do leite.

Segundo os datos presentados na comisión, entre o 25 % e o 30 % do leite galego é producido por explotacións socias de cooperativas e negociado por estas entidades por encargo das persoas gandeiras. Porén, as cooperativas que actúan como primeiras compradoras comercializan directamente entre o 15 % e o 17 % da produción, mentres que só entre o 5 % e o 7 % do leite galego é transformado por cooperativas ou empresas da súa propiedade.

Esta situación contrasta coa doutros territorios. En España, arredor do 40 % do leite adquirido ás explotacións é comprado por cooperativas primeiras compradoras, unha porcentaxe moi superior á galega. En comunidades como Asturias, Andalucía ou o País Vasco, o cooperativismo ten unha presenza especialmente relevante no mercado lácteo.

A modo de exemplo, en Galicia, CLUN e AIRA recollen conxuntamente arredor do 8 % do leite producido na comunidade. Se se suman Lemos, Cobideza e a Agraria Comarcal de Ordes (ACO), estas cinco cooperativas concentran aproximadamente o 95 % do leite recollido polas cooperativas galegas, pero só representan arredor do 16 % da produción total de Galicia.

Para AGACA, esta dimensión resulta insuficiente para exercer unha influencia decisiva sobre os prezos. Ares tamén lembrou que, malia as sucesivas crises lácteas, as cooperativas sempre pagaron o leite entregado polas explotacións socias, fronte aos impagamentos rexistrados por outros operadores do mercado.

Máis industria cooperativa para que o valor do leite quede en Galicia

Ares lembrou que en Galicia se transforma ata o 75 % do leite producido na comunidade, pero que a participación das cooperativas nesta actividade segue a ser moi reducida. Deste xeito, boa parte da capacidade industrial e das decisións comerciais permanecen en mans de empresas alleas á propiedade das persoas gandeiras.

Segundo explicou, producir leite de calidade xa non abonda para garantir a rendibilidade das granxas. O valor engadido tamén se xera mediante a transformación, a distribución, o desenvolvemento de marcas e a relación directa co consumidor.

Por iso, AGACA considera necesario impulsar empresas transformadoras de propiedade cooperativa, con capacidade para competir no mercado e tomar as súas decisións estratéxicas en Galicia, tendo en conta os intereses das explotacións gandeiras.

Durante a comparecencia, Ares presentou distintos exemplos de iniciativas que avanzan nesta dirección.

Entre elas, destacou a actividade de CLUN e Acolact, vinculada á elaboración de produtos lácteos en Caldas de Reis, e o proxecto CoRural, impulsado mediante unha alianza entre CLUN e Leite Celta para reunir capacidades produtivas, industriais e comerciais.

Tamén se referiu aos proxectos de AIRA, como Dairylact, dedicada á valorización de derivados do soro lácteo, e a alianza con García Baquero para impulsar a produción de queixos en Galicia.

Outros exemplos mencionados foron a actividade de Lemos, Coreber e Celega, que comercializan conxuntamente uns 500 000 litros de leite diarios, e a experiencia da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña coa marca Bico de Xeado, que demostra as posibilidades de diferenciación e creación de produtos de maior valor engadido.

AGACA puxo tamén en valor o traballo doutras cooperativas, tanto na comercialización do leite como na prestación de servizos ás explotacións, e insistiu en que o desenvolvemento industrial debe acompañarse do fortalecemento desta rede cooperativa.

O obxectivo, segundo expuxo Ares, non é substituír a industria láctea existente, senón conseguir que as empresas propiedade das persoas gandeiras teñan máis capacidade para participar nas decisións do mercado, captar valor e responder ás situacións de excedentes ou de caída dos prezos.

A Lei da cadea alimentaria non garante prezos rendibles ás explotacións

AGACA comparte os obxectivos da Lei da cadea alimentaria, que busca mellorar a transparencia das relacións comerciais, combater as prácticas abusivas e evitar as compras por debaixo dos custos de produción. Con todo, considera que a súa aplicación presenta dificultades que limitan a eficacia destas medidas.

Ares advertiu de que as persoas gandeiras non negocian en igualdade de condicións coa industria e coa gran distribución, xa que necesitan dar saída a unha produción diaria que non poden almacenar indefinidamente.

Esta dependencia dificulta tamén a denuncia de posibles incumprimentos. Segundo expuxo, unha explotación pode verse obrigada a aceptar determinadas condicións contractuais e comprobar posteriormente que o importe finalmente percibido non cobre os seus custos de produción, sen dispoñer dunha alternativa comercial real.

Para AGACA, a normativa é unha ferramenta necesaria, pero a verdadeira mellora da posición negociadora das ganderías require que participen no mercado a través de empresas propias con suficiente capacidade comercial e industrial.

Neste sentido, Ares reclamou unha maior implicación das administracións no fortalecemento do cooperativismo, máis alá das declaracións de apoio ao sector.

As prioridades de AGACA para o futuro do sector

Nas conclusións da súa comparecencia, AGACA insistiu en que as cooperativas deben seguir ampliando os servizos que prestan ás explotacións e avanzar na transformación industrial, sen descoidar retos como a dixitalización, a adaptación ambiental, a incorporación de mulleres e a remuda xeracional.

Ares tamén sinalou a importancia de mellorar a produtividade e a competitividade das granxas, para o que considerou necesario contar con máis superficie agraria destinada á produción de forraxes. Neste ámbito, trasladou a necesidade de incorporar outras 120 000 hectáreas ao sector lácteo galego.

Así mesmo, propuxo estudar iniciativas industriais que permitan xestionar mellor os excedentes de leite en períodos de sobreprodución e contribuír á estabilidade do mercado.

AGACA defende que o fortalecemento do cooperativismo beneficia non só ás explotacións socias, senón ao conxunto do sector. Como referencia, Ares sinalou que comunidades autónomas cunha maior presenza de cooperativas na transformación e comercialización, como Asturias, Andalucía ou o País Vasco, rexistraron historicamente prezos medios do leite superiores aos de Galicia.

Para AGACA, reforzar a presenza das cooperativas na transformación e comercialización do leite é unha condición necesaria para mellorar a capacidade de negociación das ganderías e dar estabilidade ao sector. A organización defende que unha maior participación das empresas propiedade das persoas produtoras permitiría que unha parte máis importante do valor xerado polo leite quedase en Galicia e contribuíse á viabilidade das explotacións, á remuda xeracional e ao futuro do medio rural.

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Sempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Xestionar opcións
  • Xestionar servizos
  • Xestionar {vendor_count} proveedores
  • Ler máis sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}