• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

AGACA organiza unha xornada sobre avances na Lei de Cooperativas

Agaca por Agaca
13 de Outubro de 2026
en Novidades
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • O 29 de outubro terá lugar a Xornada “Avances na modificación da nova Lei de Cooperativas de Galicia”.
  • A inscrición é gratuíta. Para inscribirse é necesario completar este formulario.

O marco legal do cooperativismo galego atópase en revisión. A Xunta de Galicia traballa nunha nova lei de cooperativas que renovará a regulación vixente, articulada ao redor da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, en liña coas reformas que se están producindo noutras comunidades autónomas e no ámbito estatal. Para as cooperativas agroalimentarias non se trata dun cambio meramente formal: da norma dependen cuestións tan determinantes como o réxime das persoas socias, a composición e o funcionamento dos órganos de goberno, o réxime económico ou a regulación específica de cada clase de cooperativa.

Esta xornada repasa as tendencias e propostas nos aspectos xerais da sociedade cooperativa, nos órganos de goberno e nos enfoques económicos, e detense nas figuras de maior interese para o sector agrario: explotación comunitaria da terra, cooperativas de aproveitamento de terreos agroforestais de xestión conxunta, cooperativas de segundo grao, así como as cooperativas de consumo. A visión xurídica e técnica de AGACA complétase cunha mesa redonda na que cooperativas de diversos sectores agroalimentarios achegan a súa percepción sobre os cambios e sobre os seus efectos na xestión diaria.

Neste contexto, a xornada ten como principais obxectivos, dunha banda, dar a coñecer e analizar os cambios que se propoñen nos órganos de goberno das cooperativas e as súas implicacións, así coma os novos enfoques económicos e a súa incidencia no financiamento, a capitalización e a relación económica coas persoas socias; doutra banda, examinar novidades previstas para cooperativas agrarias, con con atención ás de explotación comunitaria da terra, ás de aproveitamento de terreos agroforestais de xestión conxunta e ás de segundo grao, e, finalmente, recoller a percepción das cooperativas sobre a reforma e abrir un espazo de debate que axude a anticipar a adaptación de estatutos e de funcionamento interno ao novo marco legal.

Programa

09:30 h Presentación
Carlos Ares. Director-xerente AGACA

09:45 h Aspectos xerais da sociedade cooperativa: propostas e avances
Miguel Viteri. Asesor xurídico AGACA

10:45 h Órganos de goberno: propostas e avances
Higinio Mougán. Adxunto á Presidencia e Consello Reitor AGACA

11:30 h Descanso

11:50 h Avances no réxime económico nas cooperativas 
Miguel Viteri. Asesor xurídico AGACA

12:40 h Cooperativas agrarias:

  • Cooperativas de explotación comunitaria da terra
  • Cooperativas de aproveitamento de terreos agroforestais de xestión conxunta
  • Cooperativas de segundo grao
  • Cooperativas de consumo
    Miguel Viteri. Asesor xurídico AGACA

13:40 h Mesa redonda: percepción desde as cooperativas sobre os avances na modificación da lexislación coa nova Lei de Cooperativass
Javier Bobillo. Secretario Consejo Rector Coren S. Coop. Galega
Carlos Carrión. Presidente Vitivinícola Arousana S. Coop. Galega
Jorge Cortizo. Xerente Horsal S. Coop. Galega
Modera: AGACA

14:10 Rolda de preguntas e comentarios

14:25 Clausura da xornada

A xornada, de acceso libre previa inscripción (en este formulario), é de especial interese para integrantes de consellos reitores, dirección e xerencia de cooperativas agroalimentarias, así coma para persoas socias, persoal técnico e asesor vinculado á xestión xurídica, societaria e económica destas.

Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.

Esta actividade enmárcase no programa da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Etiquetas: RedeEusumo.

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Sempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Xestionar opcións
  • Xestionar servizos
  • Xestionar {vendor_count} proveedores
  • Ler máis sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}