AGACA imparte, entre o 26 de outubro e o 1 de decembro de 2026, o Curso Benestar animal para persoal que manexa gando bovino, cunha duración de 20 horas lectivas e en modalidade de teleformación. Está homologado pola Consellería do Medio Rural e permite adquirir coñecementos necesarios para asegurar o benestar dos animais e a seguridade no traballo das persoas que manexan gando bovino, con temáticas como comportamento, sanidade, hixiene, bioseguridade, xestión ambiental ou normativa.
Esta formación realízase ao abeiro do Real Decreto 1053/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen normas básicas de ordenación das explotacións de gando bovino
| O curso está dirixido principalmente a: | Duración: | Non subvencionada | Impartido en |
|
|
|
|
O prazo de inscrición está aberto ata o 6 de outubro de 2026.
Contido:
MÓDULO XERAL: 10 horas
- Introdución (30 minutos)
a) A lexislación sobre benestar animal.
b) Razóns da formación e do benestar animal.
c) Motivación do/a gandeiro/a. - Coñecemento dos animais (150 minutos)
a) Anatomía e fisioloxía das especies de animais de renda. Diferenzas que condicionan os distintos comportamentos e capacidades.
b) Comportamento animal. O comportamento segundo a especie, raza, idade e estado. Condicionantes anatómicos, sensoriais e outros que configuran o comportamento.
c) Fatiga e benestar animal. Adaptación. Concepto e importancia.
d) Saúde e enfermidades. Causas que predispoñen e determinantes da enfermidade. A hixiene e a prevención como factores de benestar animal.
e) Rexistros das explotacións gandeiras.
f) Seguridade no traballo. Criterios de seguridade para o persoal que traballa con animais. A súa importancia e relación co benestar animal. - Aspectos sociais do benestar animal. O benestar animal na Unión Europea e no mundo (60 minutos)
a) Relación persoa-animal. Aspectos sociais e relacións inespecíficas.
b) O punto de vista da sociedade sobre o benestar animal..
c) O benestar animal como factor económico das producións. Repercusións da falta de benestar animal na produtividade e na calidade dos produtos animais. Calidade ética das producións animais.
d) Tendencias e perspectivas de futuro. - Aspectos do benestar animal (6 horas)
a) As instalacións e os equipamentos. Requirimentos para as distintas actividades e as distintas especies e momentos da produción.
b) Repercusións do contorno no benestar animal. Requirimentos.
c) Manexo, manipulación, contención dos animais e aplicación práctica dos coñecementos sobre comportamento animal. Condución do rabaño.
d) Actuación ante unha emerxencia: plans de continxencia na granxa, durante o transporte e no matadoiro.
e) Sacrificio de urxencia e métodos de sacrificio humanitario.
f) Métodos de mellora do benestar nas explotacións, no transporte e no sacrificio..
g) A PAC e o benestar animal. Criterios de condicionalidade.
h) Infraccións e sancións.
MÓDULO DE FORMACIÓN PARA PERSOAL QUE MANEXA GANDO BOVINO: 10 horas
- Características da produción bovina
a) Morfología y fisiología del ganado bovino.
b) Alimentación y sistemas de alojamiento.
c) Comportamiento animal y hábito de los bovinos. - Sanidade animal, hixiene e bioseguridade
a) Bioseguridade en explotacións de gando bovino e boas prácticas de hixiene.
b) Actuacións na prevención de enfermidades animais e zoonoses.
c) Inspección e observación de animais enfermos.
d) Recoñecemento dos síntomas/síndromes asociados ás enfermidades de declaración obrigatoria. Vixilancia pasiva e obrigas de comunicación ás autoridades competentes.
e) Medidas de loita contra enfermidades animais.
f) Interacción entre saúde animal e humana.
g) Interacción co benestar animal.
h) Resistencia aos tratamientos, incluída a resistencia antimicrobiana e as súas consecuencias. - Manexo
a) Manexo no período posterior á cubrición.
b) Manexo no pre-parto, parto e puerperio.
c) Manexo do destete.
d) Manexo da fase de cebo.
e) Manexo durante o muxido. - Xestión ambiental e loita contra o cambio climático das explotacións
a) Almacenamento dos estercos.
b) Xestión dos estercos.
c) Xestión de compostos nitroxenados.
d) Xestión de emisións, ruídos e olores.
e) Consumo de auga e enerxía. - Rexistro de información e documentación
- Normativa vixente no ámbito europeo, nacional, autonómico e local relacionada
A formación en benestar animal é un requisito fundamental para garantir unhas condicións adecuadas de manexo dos animais vivos e para cumprir coa normativa vixente en materia de protección animal.
Máis información e contacto: 609 07 01 35 e/ou 621 15 27 22




