• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

Preséntase en Luarca o Proxecto ANCARES no que participa AGACA

Agaca por Agaca
23 de Xullo de 2026
en Novidades
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • En xuño tivo lugar en Luarca (Asturias) a presentación do Proxecto ANCARES, desenvolvido por un Grupo Supraautonómico con entidades de Galicia e Asturias.
  • O obxectivo de ANCARES é axudar ás explotacións gandeiras de leite a medir e reducir o seu impacto na pegada de carbono e mellorar a saúde dos seus solos. 

A presentación oficial do Proxecto ANCARES tivo lugar o 18 de xuño no marco do congreso ‘Paraíso Natural Impact’, unha xornada sobre desenvolvemento rural organizada pola Axencia Sekuens, Central Lechera Asturiana, Fundación Caja Rural de Asturias e a SRP – Sociedade Rexional de Promoción do Principado de Asturias.

O Proxecto ANCARES: innovación para converter as granxas de leite en aliadas fronte ao cambio climático, no que participa AGACA, parte dunha idea sinxela: os solos das explotacións poden converterse nun importante aliado para reducir a concentración de dióxido de carbono na atmosfera. Para conseguilo, ANCARES analizará a saúde dos solos e o carbono que almacenan, empregando mostras de campo, sensores remotos, satélites e drons. Toda esta información servirá para desenvolver algoritmos e ferramentas dixitais que permitan ás explotacións coñecer mellor o seu potencial e tomar decisións máis eficientes sobre a fertilización e o manexo das parcelas.

ANCARES busca demostrar que as explotacións de vacún de leite poden ser parte da solución fronte ao cambio climático, convertendo os seus solos en aliados para capturar carbono e mellorar a sustentabilidade.

Pero máis alá da investigación, as solucións deseñadas probaranse directamente en explotacións comerciais, avaliando prácticas como o pastoreo rotacional, a mellora da biodiversidade ou o uso máis eficiente dos fertilizantes. O obxectivo é que o coñecemento xerado poida aplicarse de forma práctica e contribuír a facer as granxas máis competitivas, resilientes e preparadas para responder ás novas esixencias ambientais da Unión Europea.

Está integrado por AGACA, CAPSA FOOD, Central Lechera Asturiana SAT (CLAS), a Fundación Centro Tecnolóxico Forestal e da Madeira (CETEMAS), a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Oviedo e MEDRAR Smart Solutions, combinando o coñecemento científico coa experiencia das empresas e das cooperativas.

Neste proceso, AGACA desempeñará un papel esencial na transferencia de resultados ao sector cooperativo, organizando accións de divulgación, formación e demostración para facilitar que as innovacións cheguen ás explotacións e poidan incorporarse ao seu día a día. Porque o verdadeiro éxito de ANCARES non dependerá só dos avances científicos, senón da súa capacidade para transformalos en ferramentas útiles para os gandeiros e gandeiras.

Entidades financiadoras

ANCARES: Ferramentas innovadoras para a análise do uso do chan e nivel de carbono en agrosistemas de rexións lácteas sostibles (REGAGE25e00048404211) é un proxecto de innovación de interese xeral por grupos operativos supraautonómicos da Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas (AEI-Agri), no marco do Plan Estratéxico da PAC de España (PEPAC). A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Fondos procedentes do fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (80 %) e da Administración Xeral do Estado (20 %). Orzamento total do proxecto: 596.769,91 €. Subvención total: 596.769,91 €.

PRESENTACIÓN

Presentación Proyecto ANCARESEn Luarca, representando o traballo desenvolvido en ANCARES, e participando nun diálogo moderado por Blanca Suárez, estiveron Elena Canga (coordinadora da Área de Xeomática da Fundación CETEMAS), Nuria Ferreiro (investigadora asociada da Universidade de Santiago de Compostela en Proxectos de Produción Vexetal e Enxeñaría EPS), Rubén Hidalgo (director de Investimento de Impacto do Grupo Central Lechera Asturiana) e Víctor Coira (responsable da Área de Calidade e Innovación Alimentaria de AGACA), quen incidiu: «A explotación vai notar o valor real do proxecto no peto, no apoio que vai recibir da súa cooperativa e en asegurar o futuro do seu negocio».

Ademais, respecto das necesidades ás que responde ANCARES, Coira destacou un dos problemas que enfronta o sector agroalimentario: «Unha completa falta de ferramentas fáciles de usar a diario. Estabamos a operar ás cegas. Sabiamos que coidar o prado era bo, pero non tiñamos xeito de demostralo nin de medilo con precisión». Así, afirmou, ANCARES é «baixar a teoría dos despachos á terra», para medir de verdade canta saúde teñen os prados e canto carbono son capaces de absorber e gardar.

Máis información sobre o proxecto en www.proyectoancares.com/

Etiquetas: Innovación

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.