• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

AGACA e Caixa Rural Galega reforzan a súa colaboración para impulsar proxectos europeos en beneficio das cooperativas agroalimentarias galegas

Agaca por Agaca
16 de Xullo de 2026
en Novidades
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • O convenio permitirá cofinanciar diferentes proxectos europeos impulsados por AGACA para favorecer a innovación, a sustentabilidade, a formación e a competitividade das cooperativas agroalimentarias galegas.
  • A colaboración reforza a capacidade de AGACA para captar fondos europeos e trasladar ás cooperativas galegas novas ferramentas, coñecemento e solucións innovadoras para afrontar os retos do sector.

O Consello Reitor da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) celebrou hoxe a súa reunión ordinaria nas instalacións de Caixa Rural Galega, en Lugo, onde abordou distintos asuntos de interese para o cooperativismo agroalimentario galego e analizou as principais liñas de actuación da entidade para os vindeiros meses.

Ao remate da sesión, AGACA e Caixa Rural Galega formalizaron un convenio de colaboración mediante o que a entidade financeira apoiará o desenvolvemento de diferentes proxectos europeos impulsados por AGACA, contribuíndo ao cofinanciamento da parte que corresponde asumir á Asociación e reforzando así a súa capacidade para captar e executar iniciativas de innovación ao servizo das cooperativas agroalimentarias galegas.

A colaboración permitirá impulsar proxectos estratéxicos relacionados coa sustentabilidade, a innovación, a economía social, a formación e a mellora da competitividade do sector cooperativo. Estas iniciativas ofrecen ás cooperativas acceso a novas ferramentas, coñecemento, intercambio de experiencias con entidades doutros países europeos e solucións innovadoras para afrontar os retos actuais do sector agroalimentario.

Con este acordo, Caixa Rural Galega convértese nun aliado estratéxico para facer posible o desenvolvemento destes programas. Pola súa banda, AGACA comprométese a dar visibilidade á colaboración da entidade financeira nas actuacións e actividades vinculadas aos proxectos, sempre de acordo coa normativa e cos requisitos de comunicación establecidos polos respectivos programas europeos.

 Sobre AGACA

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) é a entidade que representa ao cooperativismo agroalimentario de Galicia. Agrupa cooperativas de distintos sectores produtivos e actúa como interlocutora ante as administracións e outras institucións, promovendo a defensa dos intereses do cooperativismo, a prestación de servizos especializados e a cooperación entre as entidades asociadas. A súa actividade abrangue ámbitos como a formación, o asesoramento, a innovación, a comunicación e a participación en iniciativas de desenvolvemento do sector agroalimentario.

Sobre Caixa Rural Galega

Caixa Rural Galega é unha entidade financeira cooperativa con ampla implantación en Galicia e unha longa traxectoria de apoio ás persoas, ás empresas e ao sector agroalimentario. O seu modelo de banca de proximidade baséase na atención personalizada, no compromiso co territorio e no impulso ao desenvolvemento económico e social do medio rural. A través dunha ampla oferta de produtos e servizos financeiros, Caixa Rural Galega acompaña ás cooperativas, explotacións agrarias, pemes e particulares.

 

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.