- O 30 de xullo terá lugar a xornada en liña Biodiversidade: o capital natural do rural.
- Tratarase de dar visibilidade ao valor estratéxico da biodiversidade, alén de boas prácticas, ferramentas e marco normativo para impulsala.
A xornada Biodiversidade: o capital natural da rural busca reforzar a comprensión do valor estratéxico da biodiversidade como activo produtivo e factor de competitividade a longo prazo para as cooperativas agroalimentarias, dar a coñecer prácticas e ferramentas para a xestión e avaliación sostible da biodiversidade (solos vivos, diversidade xenética, índices e indicadores) aplicables á actividade cooperativa e achegar o marco normativo, as alianzas e o financiamento dispoñibles para impulsar a transición cara a modelos produtivos que preserven os recursos naturais.
Terá lugar o 30 de xullo, de 09.30 a 14.30, en modalidade en liña. É de especial interese para equipos directivos de cooperativas agroalimentarias e entidades de economía social (consellos reitores, dirección, xerencia, persoal técnico). Para participar é necesario inscribirse cubrindo este formulario.
PROGRAMA PREVISTO
09:30 – Presentación da xornada
Representante de AGACA
09:45 h – Galicia, territorio de biodiversidade: o valor da paisaxe agraria como oportunidade estratéxica para o sector primario
Juan Castro Insúa. Dpto. de Coordinación e Desenvolvemento Tecnolóxico – Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
10:45 h – A raíz da biodiversidade: bancos de sementes e recursos fitoxenéticos na agricultura
Cristina Nieto. Centro Recursos Fitoxenéticos e Agricultura Sostible / CSIC
11:30 h – Da agricultura rexenerativa aos créditos de carbono e de natureza: medir e poñer en valor a biodiversidade, o solo e a auga como novas fontes de ingresos
Philip Fernández. Terra Madre
12:20 h – Descanso
12:40 h – Economía circular e biodiversidade edáfica desde a experiencia: converter subprodutos agrogandeiros en solos máis biodiversos
Sergio Quiroga. ECOCELTA
13: 20 h – Medir para mellorar: avaliación e seguimento da biodiversidade en sistemas agrogandeiros. Índices e indicadores aplicados (TAPE-FAO, ABDI, MAS) para obxectivar resultados e orientar a mellora continua
Roberto Ruiz de Arcaute Rivero. Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica e Agroecoloxía / Neiker BRTA
14:10 h – Mesa de diálogo: oportunidades de negocio e diferenciación a partir da biodiversidade
Moderada por AGACA
14:20 h – Conclusións e clausura da xornada
Presidencia de AGACA e representante institucional da Xunta de Galicia
Esta actividade enmárcase no programa da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamiento do Ministerio de Traballo e Economía Social.



