— Obradoiro compartido de produtos cárnicos en Galicia

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • 21/05/2026
  • 21/05/2026
  • 5
  • teleformación
  • O 21 de maio terá lugar a oitava sesión do ciclo 2026 Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, co título “Obradoiro compartido de produtos cárnicos en Galicia”.
  • A inscrición é gratuíta. Para inscribirse é ecesario completar este formulario.

O 21 de maio de 2026 terá lugar a xornada ‘Obradoiro compartido de productos cárnicos en Galicia’, de 09:30 a 14:30 horas. Ademais de falar do sistema produtivo, de transformación secundaria e de mercado de produtos cárnicos, trataranse o modelo de obradoiro compartido como xeito de emprendemento e o modelo Slow Food de consumo consciente.

A sesión, que é gratuita, transcorrerá online, pero é necesario inscribirse previamente neste formulario.

Programa previsto

09:30 – Conexión e benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da xornada

Carlos Ares – Director-gerente de AGACA

09:45 – Calidade e diferenciación dos produtos cárnicos. Do sistema produtivo ao mercado

• Sistemas de produción animal e razas autóctonas de Galicia
• Alimentación e manexo animal como determinantes da calidade da carne
• Etiquetado obrigatorio e diferenciación do produto.
Noemí Echegaray – Centro Tecnolóxco da Carne

10:45 – Transformación secundaria da materia cárnica en produtos alimenticios. Procesado e tecnoloxía

• Materia prima e aditivos
• Produtos cárnicos frescos
• Produtos cárnicos curados
• Produtos cárnicos fermentados
• Produtos cárnicos cocidos
• Innovación e sustentabilidade.
Rubén Agregán – Centro Tecnolóxco da Carne

11:45 –  Descanso

12:00 – Obradoiro compartido como modelo de emprendemento

• Que é un obradoiro compartido
• Vantaxes: redución de investimento inicial, acceso a instalacións certificadas, fomento de cooperación
• Modelos de xestión: cooperativismo, público-privado
• Exemplos de éxito en Galicia
• Claves para a súa implantación: xestión, reservas, mantemento, responsabilidades legais
Ovidio Queiruga – Comunidade de Montes de Baroña

13:00 – Comercialización e mercado

• Canles de venda: venda directa, mercados locais, tendas especializadas, en liña
• Certificacións: ecolóxico, IXP
Román Sánchez – A Carqueixa, S. Coop Galega

13:40 – Tendencias: modelo “Slow Food” e consumo consciente

• Filosofía do movemento Slow Food
• Perfil do consumidor actual: calidade vs. cantidade, produto local e trazable
Storytelling: historia do produtor, territorio e tradición
Rocío García – Slow Food Compostela

14:10 – Conclusións e peche de programa

Carmen Rodríguez – Presidenta de AGACA

14:30 – Fin da xornada

Formulario de inscrición

XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

O ciclo, que explorará diferentes sectores que poden supor oportunidades de negocio, ten como obxectivos: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado, promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio, impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.

As xornadas, de acceso libre previa inscripción, están especialmente dirixidas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias, persoas vinculadas á economía social, produtoras e produtores agrarios, persoal técnico e investigador, estudantes e público en xeral.

Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.

  • Facebook
  • Twitter