RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Resolución completa na ligazón “web”.
— RESOLUCIÓN de 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Instituto Galego de Promoción Económica (DOG Nº 10, 16/01/2026).
OBXECTO
Estas bases teñen como obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas destinadas a facilitar a execución dun conxunto de servizos profesionais por parte de entidades colaboradoras.
As axudas en especie estarán destinadas á execución de servizos agrupados nas seguintes tipoloxías: profesionalización e desenvolvemento estratéxico e innovación.
Estas axudas tramitaranse polo réxime de concorrencia non competitiva.
O código de procedemento é IG402A
PERSOAS BENEFICIARIAS
Pequenas e medianas empresas (pemes), incluindo autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou outro tipo de unidade económica que leve a cabo unha actividade empresarial, con centro de traballo en Galicia.
PROXECTOS SUBVENCIONABLES
As pemes poderán solicitar axudas para a prestación dun ou varios servizos, ata un máximo de 2, sempre que non fosen beneficiarias do mesmo tipo de servizo nesta ou nas dúas convocatorias inmediatamente anteriores.
Para todos os servizos agás o de apoio a empresas emerxentes innovadoras, as solicitantes deberán contar cun cadro medio de traballadores non inferior a 3.
A execución do programa de asesoramento contará coas seguintes fases:
– Formación e sensibilización
– Análise da empresa e elaboración dun informe de situación e plan de traballo.
– Execución do plan de traballo.
Será a entidade colaboradora que presta o servizo, quen realizará ante o Igape os trámites para a solicitude e xustificación da axuda.
SERVIZOS SUBVENCIONABLES
A distribución dos servizos será a seguinte:
1) Servizos de profesionalización e desenvolvemento estratéxico.
– Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora
– Desenvolvemento estratéxico integral da empresa
– Análise do cumprimento normativo e os riscos legais (compliance)
– Captación, fidelización e xestión do talento.
– Desenvolvemento dunha extratexia de integración ESG na peme
– Mellora da xestión financeira e procura de financiamento
– Circularización e optimización dos procesos de producción e cadea loxística.
– Asesoramento para o relanzamento comercial.
– Preparación de procesos certificables
– Apoio para empresas emerxentes innovadoras
2) Servizos de innovación
– Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores
– Protección da innovación
– Asesoramento para o financiamento da innovación
CONTÍA DAS AXUDAS
A contía da axuda será do 80 % dos importes definidos para cada servizo.
O importe definido para cada tipo de servizo é o seguinte:
| Denominación | Importe do servizo (IVE non incluído) |
|---|---|
| Categoría 1: análise e avaliación competitiva (duración mínima orientativa de 60 horas) | 3.780 € |
| Categoría 2: optimización e mellora competitiva (duración mínima orientativa de 85 horas) | 5.355 € |
| Categoría 3: estratexias de competitividade avanzada (duración mínima orientativa de 100 horas) | 6.300 € |
RÉXIME DE MINIMIS
As axudas que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis.
PRAZO DE EXECUCIÓN
A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa da execución será a establecida no documento de resolución e en todo caso antes do 30 de setembro.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto dende o 26 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2026.



