RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF ) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.
— ORDE do 19 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientaes e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiro, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convocan para o ano 2026. Consellería do Medio Rural (DOG Nº 5, 09/01/2026).
OBXECTO
Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros.
Estas axudas tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva.
O código de procedemento administrativo para dita axuda é MR605C.
Nesta orde inclúense as seguintes intervencións contidas no Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (PEPAC) e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader):
a) Intervención 6883-Investimentos forestais produtivos.
- Subintervención 6883_02-Investimentos forestais produtivos_2, que financia actuacións de silvicultura produtiva de coníferas (liña I).
b) Intervención 6881.4-Investimentos forestais non produtivos en actuacións silvícolas con obxectivos ambientais.
- Subintervención 68814_05-Silvicultura con obxectivos ambientais e outros fins non produtivos, que financia actuacións non produtivas de silvicultura de frondosas (liña II).
- Subintervención 68814_06-Silvicultura con obxectivos ambientais e outros fins non produtivos + uso público, que financia actuacións de rehabilitación de soutos de castiñeiros (liña III).
PERSOAS BENEFICIARIAS
Liña I: Agrupacións forestais de xestión conxunta (AFXC) inscritas no correspondente rexistro. Tamén persoas silvicultoras activas inscritas no rexistro de silvicultor.
Liña II e Liña III: persoas físicas ou xurídicas titulares (propietarios, arrendatarios ou xestores) de terreos obxecto da axuda.
CONTÍA DAS AXUDAS
Liña I: intensidade da axuda do 65% do investimento total subvencionable.
Liña II e Liña III: intensidade da axuda de ata o 100% do investimento total subvencionable.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
Liña I: Actuacións de sivicultura produtiva de coníferas.
Os terreos deberán estar poboados con algunha das seguintes especies sobre as que se aplicarán os modelos silvícolas (MS) orientados á produción de madeira de serra ou madeira técnica que inclúan dúos rareos e podas altas:
| Especie | Código MS |
|---|---|
| Piñeiro do país (Pinus pinaster Ait.) | PP2 |
| Piñeiro do país (Pinus pinaster Ait.) | PP3 |
| Piñeiro insigne (Pinus radiata D. Don.) | PR2 |
| Piñeiro insigne (Pinus radiata D. Don.) | PR3 |
| Piñeiro silvestre (Pinus sylvestris L.) | PS1 |
| Piñeiro negral (P. nigra subsp. salzmannii var. corsicana) | PN1 |
| Piñeiro de Oregón (Pseudotsuga menziesii Mirb. Franco) | PM1 |
Serán subvencionables as actuacións do módulo de silvicultura produtiva de coníferas:
a) Roza de penetración, de ser o caso.
b) Formulación do informe técnico sobre os rareos a 5-7 anos.
c) Selección de pés de porvir e control de pés para extraer.
d) Podas altas sobre os pés que se deixen para corta final.
e) Operacións de control do aproveitamento.
f) Trituración ou extracción dos restos dos tratamentos.
Os importes dos módulos de concesión e xustificación son os seguintes:
| Código Módulo* | Cód.MS | Obxectivo MS | Especie | Importe (€/ha) |
|---|---|---|---|---|
| PIN | PP2 | Madeira de serra e chapa. 400-500 pés/ha de calidade de corta final | Piñeiro do país (Pinus pinaster Ait.) | 3.694,02 |
| PP3 | Madeira técnica e quenda curta | Piñeiro do país (Pinus pinaster Ait.) | 2.648,39 | |
| PR2 | Madeira de serra e chapa. 250-300 pés/ha de calidade de corta final | Piñeiro insigne (Pinus radiata D. Don.) | 2.935,61 | |
| PR3 | Madeira técnica e quenda curta | Piñeiro insigne (Pinus radiata D. Don.) | 2.648,39 | |
| PS1 | Produción multifuncional. Madeira de serra e chapa. 250 pés/ha de calidade en corta final | Piñeiro silvestre (Pinus sylvestris L.) | 3.070,62 | |
| PN1 | Madeira de serra e chapa. 250 pés/ha de calidade de corta final | Piñeiro negral (P. nigra subsp. salzmannii var. corsicana) | 3.070,62 | |
| PM1 | Madeira de serra e chapa. 200 pés/ha de calidade de corta final | Piñeiro de Oregón (Pseudotsuga menziesii Mirb. Franco) | 2.952,82 |
Liña II: Actuacións de silvicultura con obxectivos ambientais e outros fins nos produtivos para silvicultura de frondosas.
Os terreos obxecto de axuda deberán estar poboados con algunha especie de frondosa sobre as cales se poida aplicar algún dos seguintes modelos silvícolas QR1, QR2, QP2, QS1, BC1, PA1, PFMV, PF2, SEF e XFAS establecidos na Orde do 19 de maio de 2014.
Serán subvencionables as actuacións do módulo de silvicultura non produtiva de frondosas:
a) Roza.
b) Formación de guías.
c) Selección de abrochos.
d) Desmestas.
e) Extracción, trituración ou picado dos restos que se obteñen como consecuencia do tratamento
Os importes dos módulos de concesión e xustificación son os seguintes:
| Código Módulo* | Obxectivo Módulo | Especie | Importe (€/ha) |
|---|---|---|---|
| FRO | Tratamentos silvícolas en masas de frondosas con obxectivos ambientais e non produtivos, as actuacións elixibles non conducirán a un aumento significativo do valor ou rendibilidade da masa forestal | Masas de frondosas das relacionadas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, salvo masas da especie Castanea sativa mill. e Castanea x hybrida | 2.483,87 |
Liña III-A: Silvicultura básica para rehabilitación de soutos de castiñeiros:
Actuacións do módulo de silvicultura básica para rehabilitación de soutos de castiñeiros sobre masas de soutos da especie Castanea sativa mill. e Castanea x hybrida cunha densidade mínima de 50 pés/ha se se aplica o MS CS3 e a establecida no modelo silvícola para o CS1, no caso de ser o que se aplica.
Serán subvencionables as actuacións do módulo de silvicultura para rehabilitación de soutos de castiñeiros:
a) Roza.
b) Selección de chupóns ou abrochos.
c) Eliminación non mecánica ou extracción dos restos que se obteñen como consecuencia do
tratamento
Os importes dos módulos de concesión e xustificación son os seguintes:
| Código Módulo* | Obxectivo Módulo | Especie | Importe (€/ha) |
|---|---|---|---|
| CAST-1 | Tratamentos silvícolas necesarios, excluída a poda, para a xestión e o aproveitamento con obxectivos ambientais e non produtivos, así como para a restauración dos ecosistemas formados por soutos de castiñeiro | Soutos de castiñeiros da especie Castanea sativa mill. e Castanea x hybrida e unha densidade mínima de 50 pés/ha se aplica o modelo CS3 e a establecida no modelo silvícola para o CS1 no caso de ser o que se aplica | 2.299,11 |
Liña III-B: Silvicultura básica para rehabilitación de soutos de castiñeiros e podas de renovación de copas:
Será obxecto de subvención a execución de todas as actuacións do módulo de silvicultura básica para rehabilitación de soutos de castiñeiros e podas de renovación de copas sobre masas de soutos da especie Castanea sativa mill. e Castanea x hybrida e con unha densidade mínima de 50 pés/ha.
Serán subvencionables as actuacións do módulo de silvicultura básica para a rehabilitación de soutos de castiñeiros e para podas de formación de copas, que son as seguintes:
a) Roza.
b) Selección de chupóns ou abrochos.
c) Podas de renovación de copas.
d) Eliminación non mecánica ou extracción dos restos que se obteñen como consecuencia do tratamento
Superficies subvencionables:
– Mínima: 1 hectárea nun máximo de 5 coutos redondos (excepción AFXC inscritas, que non se esixe superficie mínima.
– Máxima: 50 hectáreas nun máximo de 5 coutos redondos (excepción AFXC inscritas, que non hai limitación no número de coutos redondos).
Os importes dos módulos de concesión e xustificación son os seguintes:
| Código Módulo* | Obxectivo do Módulo | Especie | Importe (€/ha) |
|---|---|---|---|
| CAST-2 | Tratamentos silvícolas necesarios, incluída a poda de renovación de copas, para a xestión e o aproveitamento con obxectivos ambientais e non produtivos, así como para a restauración dos ecosistemas formados por soutos de castiñeiro | Soutos de castiñeiros cunha densidade mínima de 50 pés/ha, especie Castanea sativa mill. e Castanea x hybrida; sobre o que se aplique o modelo silvícola CS3. | 4.344,77 |
CRITERIOS DE SELECCIÓN
A puntuación mínima será de 15 puntos e a máxima de 65 puntos.
| Comunidade de monte veciñal en man común (MVMC) | 30 puntos |
| Monte de varas, abertais, de voces, vocerío e fabeo | 25 puntos |
| Sociedade de fomento forestal (Sofor) | 25 puntos |
| Agrupación forestal de xestión conxunta (salvo Sofor) | 20 puntos |
| Propietario particular, asociación sen ánimo de lucro, sociedades civis e comunidades de bens, cooperativa, SAT, sociedades mercantís | 15 puntos |
| MVMC con investimentos superiores ao 40% de ingresos do último exercicio | 10 puntos |
| MVMC con investimentos entre un 50-60% dos ingresos do último exercicio | 20 puntos |
| MVMC con investimentos superiores ao 60% de ingresos do último exercicio | 30 puntos |
| Por cada membro do monte de varas, abertais, de voces, vocerío e fabeo, da agrupación forestal de xestión conxunta | 1 punto (ata un máx. de 10 puntos) |
| Silvicultor activo | 5 puntos |
| Montes rexistrados no Rexistro de Montes Ordenados | 10 puntos |
| Montes con certificación forestal co sistema PEFC ou FSC | 20 puntos |
| Actuacións en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras | 5 puntos por ha (ata un max.de 40 puntos) |
| Actuacións en superficies en masas consolidadas de frondosas autóctonas inscritas no rexistro correspondente | 5 puntos por ha (ata un max.de 40 puntos) |
| Superficie forestal en zonas con limitacións naturais ou específicas | 10 puntos |
| Zonas de alto risco de incendio forestal | 10 puntos |
| Actuacións en zona Rede Natura | 10 puntos |
| Actuacións en superficie incluida nas zonas a erradicar o organismo de corentena do nematodo do piñeiro | 40 puntos |
| Parcelas dadas de alta no Rexistro da Propiedade | 1 punto por parcela, máx 10 puntos |
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende el 12 de xaneiro ata o 20 de febreiro de 2026.



