— Ayudas a coníferas, frondosas y castaños. Hasta 20/02/2026

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en «Documentación» (formato PDF en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace «web».

— ORDEN del 19 de diciembre, por la que se establecen las bases reguladoras de ayudas para silvicultura productiva de coníferas y para actuaciones silvícolas con objetivos ambientales y no productivos en frondosas y en la rehabilitación de sotos de castaños, cofinanciadas por el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) en el marco del Plan Estratégico de la política agrícola común de España para el periodo 2023-2027, y se convocan para el año 2026. Consellería de Medio Rural (DOG Nº 5, 09/01/2026).

OBJETO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros.

Estas axudas tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva.
O código de procedemento administrativo para dita axuda é MR605C.

Nesta orde inclúense as seguintes intervencións contidas no Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (PEPAC) e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader):

a) Intervención 6883-Investimentos forestais produtivos.

  • Subintervención 6883_02-Investimentos forestais produtivos_2, que financia actuacións de silvicultura produtiva de coníferas (liña I).

b) Intervención 6881.4-Investimentos forestais non produtivos en actuacións silvícolas con obxectivos ambientais.

  • Subintervención 68814_05-Silvicultura con obxectivos ambientais e outros fins non produtivos, que financia actuacións non produtivas de silvicultura de frondosas (liña II).
  • Subintervención 68814_06-Silvicultura con obxectivos ambientais e outros fins non produtivos + uso público, que financia actuacións de rehabilitación de soutos de castiñeiros (liña III).

PERSONAS BENEFICIARIAS

Liña I: Agrupacións forestais de xestión conxunta (AFXC) inscritas no correspondente rexistro. Tamén persoas silvicultoras activas inscritas no rexistro de silvicultor.
Liña II e Liña III: persoas físicas ou xurídicas titulares (propietarios, arrendatarios ou xestores) de terreos obxecto da axuda.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

Liña I: intensidade da axuda do 65% do investimento total subvencionable.
Liña II e Liña III: intensidade da axuda de ata o 100% do investimento total subvencionable.

ACTUACIONES SUBVENCIONABLES

Liña I: Actuacións de sivicultura produtiva de coníferas.
Os terreos deberán estar poboados con algunha das seguintes especies sobre as que se aplicarán os modelos silvícolas (MS) orientados á produción de madeira de serra ou madeira técnica que inclúan dúos rareos e podas altas:

EspecieCódigo MS
Piñeiro do país (Pinus pinaster Ait.)PP2
Piñeiro do país (Pinus pinaster Ait.)PP3
Piñeiro insigne (Pinus radiata D. Don.)PR2
Piñeiro insigne (Pinus radiata D. Don.)PR3
Piñeiro silvestre (Pinus sylvestris L.)PS1
Piñeiro negral (P. nigra subsp. salzmannii var. corsicana)PN1
Piñeiro de Oregón (Pseudotsuga menziesii Mirb. Franco)PM1

Serán subvencionables as actuacións do módulo de silvicultura produtiva de coníferas:
a) Roza de penetración, de ser o caso.
b) Formulación do informe técnico sobre os rareos a 5-7 anos.
c) Selección de pés de porvir e control de pés para extraer.
d) Podas altas sobre os pés que se deixen para corta final.
e) Operacións de control do aproveitamento.
f) Trituración ou extracción dos restos dos tratamentos.

Os importes dos módulos de concesión e xustificación son os seguintes:

Código Módulo*Cód.MSObxectivo MSEspecieImporte (€/ha)
PINPP2Madeira de serra e chapa. 400-500 pés/ha de calidade de corta finalPiñeiro do país (Pinus pinaster Ait.)3.694,02
PP3Madeira técnica e quenda curtaPiñeiro do país (Pinus pinaster Ait.)2.648,39
PR2Madeira de serra e chapa. 250-300 pés/ha de calidade de corta finalPiñeiro insigne (Pinus radiata D. Don.)2.935,61
PR3Madeira técnica e quenda curtaPiñeiro insigne (Pinus radiata D. Don.)2.648,39
PS1Produción multifuncional. Madeira de serra e chapa. 250 pés/ha de calidade en corta finalPiñeiro silvestre (Pinus sylvestris L.)3.070,62
PN1Madeira de serra e chapa. 250 pés/ha de calidade de corta finalPiñeiro negral (P. nigra subsp. salzmannii var. corsicana)3.070,62
PM1Madeira de serra e chapa. 200 pés/ha de calidade de corta finalPiñeiro de Oregón (Pseudotsuga menziesii Mirb. Franco)2.952,82

Liña II: Actuacións de silvicultura con obxectivos ambientais e outros fins nos produtivos para silvicultura de frondosas.
Os terreos obxecto de axuda deberán estar poboados con algunha especie de frondosa sobre as cales se poida aplicar algún dos seguintes modelos silvícolas QR1, QR2, QP2, QS1, BC1, PA1, PFMV, PF2, SEF e XFAS establecidos na Orde do 19 de maio de 2014.

Serán subvencionables as actuacións do módulo de silvicultura non produtiva de frondosas:
a) Roza.
b) Formación de guías.
c) Selección de abrochos.
d) Desmestas.
e) Extracción, trituración ou picado dos restos que se obteñen como consecuencia do tratamento

Os importes dos módulos de concesión e xustificación son os seguintes:

Código Módulo*Obxectivo MóduloEspecieImporte (€/ha)
FROTratamentos silvícolas en masas de frondosas con obxectivos ambientais e non produtivos, as actuacións elixibles non conducirán a un aumento significativo do valor ou rendibilidade da masa forestalMasas de frondosas das relacionadas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, salvo masas da especie Castanea sativa mill. e Castanea x hybrida2.483,87

Liña III-A: Silvicultura básica para rehabilitación de soutos de castiñeiros:
Actuacións do módulo de silvicultura básica para rehabilitación de soutos de castiñeiros sobre masas de soutos da especie Castanea sativa mill. e Castanea x hybrida cunha densidade mínima de 50 pés/ha se se aplica o MS CS3 e a establecida no modelo silvícola para o CS1, no caso de ser o que se aplica.

Serán subvencionables as actuacións do módulo de silvicultura para rehabilitación de soutos de castiñeiros:
a) Roza.
b) Selección de chupóns ou abrochos.
c) Eliminación non mecánica ou extracción dos restos que se obteñen como consecuencia do
tratamento

Os importes dos módulos de concesión e xustificación son os seguintes:

Código Módulo*Obxectivo MóduloEspecieImporte (€/ha)
CAST-1Tratamentos silvícolas necesarios, excluída a poda, para a xestión e o aproveitamento con obxectivos ambientais e non produtivos, así como para a restauración dos ecosistemas formados por soutos de castiñeiroSoutos de castiñeiros da especie Castanea sativa mill. e Castanea x hybrida e unha densidade mínima de 50 pés/ha se aplica o modelo CS3 e a establecida no modelo silvícola para o CS1 no caso de ser o que se aplica2.299,11

Liña III-B: Silvicultura básica para rehabilitación de soutos de castiñeiros e podas de renovación de copas:
Será obxecto de subvención a execución de todas as actuacións do módulo de silvicultura básica para rehabilitación de soutos de castiñeiros e podas de renovación de copas sobre masas de soutos da especie Castanea sativa mill. e Castanea x hybrida e con unha densidade mínima de 50 pés/ha.

Serán subvencionables as actuacións do módulo de silvicultura básica para a rehabilitación de soutos de castiñeiros e para podas de formación de copas, que son as seguintes:
a) Roza.
b) Selección de chupóns ou abrochos.
c) Podas de renovación de copas.
d) Eliminación non mecánica ou extracción dos restos que se obteñen como consecuencia do tratamento

Superficies subvencionables:
– Mínima: 1 hectárea nun máximo de 5 coutos redondos (excepción AFXC inscritas, que non se esixe superficie mínima.
– Máxima: 50 hectáreas nun máximo de 5 coutos redondos (excepción AFXC inscritas, que non hai limitación no número de coutos redondos).

Os importes dos módulos de concesión e xustificación son os seguintes:

Código Módulo*Obxectivo do MóduloEspecieImporte (€/ha)
CAST-2Tratamentos silvícolas necesarios, incluída a poda de renovación de copas, para a xestión e o aproveitamento con obxectivos ambientais e non produtivos, así como para a restauración dos ecosistemas formados por soutos de castiñeiroSoutos de castiñeiros cunha densidade mínima de 50 pés/ha, especie Castanea sativa mill. e Castanea x hybrida; sobre o que se aplique o modelo silvícola CS3.4.344,77

CRITERIOS DE SELECCIÓN

A puntuación mínima será de 15 puntos e a máxima de 65 puntos.

Comunidade de monte veciñal en man común (MVMC)30 puntos
Monte de varas, abertais, de voces, vocerío e fabeo25 puntos
Sociedade de fomento forestal (Sofor)25 puntos
Agrupación forestal de xestión conxunta (salvo Sofor)20 puntos
Propietario particular, asociación sen ánimo de lucro, sociedades civis e comunidades de bens, cooperativa, SAT, sociedades mercantís15 puntos
MVMC con investimentos superiores ao 40% de ingresos do último exercicio10 puntos
MVMC con investimentos entre un 50-60% dos ingresos do último exercicio20 puntos
MVMC con investimentos superiores ao 60% de ingresos do último exercicio30 puntos
Por cada membro do monte de varas, abertais, de voces, vocerío e fabeo, da agrupación forestal de xestión conxunta1 punto (ata un máx. de 10 puntos)
Silvicultor activo5 puntos
Montes rexistrados no Rexistro de Montes Ordenados10 puntos
Montes con certificación forestal co sistema PEFC ou FSC20 puntos
Actuacións en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras5 puntos por ha (ata un max.de 40 puntos)
Actuacións en superficies en masas consolidadas de frondosas autóctonas inscritas no rexistro correspondente5 puntos por ha (ata un max.de 40 puntos)
Superficie forestal en zonas con limitacións naturais ou específicas10 puntos
Zonas de alto risco de incendio forestal10 puntos
Actuacións en zona Rede Natura10 puntos
Actuacións en superficie incluida nas zonas a erradicar o organismo de corentena do nematodo do piñeiro40 puntos
Parcelas dadas de alta no Rexistro da Propiedade1 punto por parcela,
máx 10 puntos

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

El plazo de presentación de solicitudes está abierto desde el 12 de enero hasta el 20 de febrero de 2026.

  • Facebook
  • Twitter