• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

La presidenta de AGACA visibiliza en la UVigo el empoderamiento de las cooperativistas rurales

Publicado en Cooperación Galega, Nº 172 - marzo 2025

Agaca by Agaca
14 de Abril de 2025
in Blog
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

A Universidade de Vigo organizou o pasado ano a serie Faladoiros en Comercio: Celebrando o Distintivo de Igualdade. Carmen Rodríguez impartiu unha das charlas, dedicada ao apoderamento das mulleres cooperativistas no medio rural.

Carmen Rodríguez foi unha das personalidades elixidas pola Facultade de Comercio da Universidade de Vigo para intervir nos Faladoiros en Comercio, Celebrando o Distintivo de Igualdade, que transcorreu do 10 de outubro ao 14 de novembro.

O Distintivo de Igualdade (concedido á Facultade de Comercio o 18 de marzo de 2024) foi creado pola Universidade de Vigo para dar visibilidade e recoñecer pública e institucionalmente o esforzo de moitas persoas, centros, escolas e facultades que, na UVigo, loitan no eido do fomento da igualdade real e efectiva. Así, os Faladoiros en Comercio incluíron un obradoiro sobre innovación e xénero no deseño de servizos e oito conferencias que trataron a igualdade en diferentes facetas.

En calidade de presidenta de AGACA, vicepresidenta da cooperativa láctea CLUN e presidenta de Mulleres de Seu (a asociación de mulleres da cooperativa), Carmen Rodríguez impartiu a conferencia titulada «Empoderamento das mulleres cooperativistas no medio rural», o 6 de novembro.

Reivindicouse como muller gandeira, de familia de gandeiros que a apoiaron cando tomou as rendas da explotación familiar, mesmo no marco dun sector coma o agrogandeiro, encadrado no eido rural onde é frecuente, por tradición, que sexan fillos varóns quen herden as granxas.

Como socia da cooperativa Feiraco, Rodríguez entrou no consello reitor e marcouse como obxectivo «ser a voz das mulleres socias», contando coas súas necesidades para facilitarlles a implicación activa no devir da entidade, sen descoidar, ademais, a eficiencia nas súas explotacións.

Nese contexto, impártense os primeiros programas de formación específicos para mulleres e, explica Rodríguez: «Xorde a necesidade de comezar a asociarnos, de facer un grupo estable de mulleres socias, de reivindicar facendo, de estar presentes».

Así, nace Mulleres de Seu, que agrupa a socias da cooperativa e realiza actividades non só con elas senón tamén con outras agrupacións de mulleres tanto de Galicia como de fóra, algunhas a través de AGACA.

Preocúpanos que a muller estea en segundo plano no acceso á formación, á profesionalización…», afirmou Rodríguez, quen tamén aclarou que algunhas das formacións que se impartiron (sobre reprodución das vacas, alimentación, calidade do leite ou xenética), ademais de para o seu propósito específico, servían tamén como un achegamento ao apoderamento das socias, axudándoas, afirmou, a a atreverse e a perder o medo a facer o ridículo e a dicir “non sei”: «Non podemos perder talento. Necesitamos estar todas integradas na cooperativa, con todos os homes socios».

Neste senso, explicou Rodríguez, dende CLUN aténdese tamén a necesidade de aprender sobre cooperativismo (sobre as funcións do consello reitor e a súa relación co equipo directivo e sobre a cooperativa como empresa e as relacións que nela se producen como, por exemplo, co persoal laboral ou as persoas socias). A relación outras entidades e como tratar problemas de xeito conxunto para abordar as mellores solucións son tamén obxecto de formación.

Como vicepresidenta de CLUN, Rodríguez afirmou: «Preocúpome moito por manter o contacto aberto con todos os socios, que poidan trasladar as súas preocupacións a un membro da xunta reitora, preguntar e obter respostas», ademais de manter a actividade en Mulleres de Seu.

Como presidenta de AGACA, cargo que asumiu elixida por unanimidade na Asemblea Xeral do ano 2021, afirmou: «Se cheguei á presidencia por ser muller, tráeme sen coidado. Quero achegar as miñas inquedanzas sobre as cooperativas, traer novas prioridades pero sen esquecerme de ningunha das prioridades económicas anteriores que son tamén vitais».

Neste senso, un dos retos que enfrontan as cooperativas é adquirir dimensión no mercado: «Vendemos a grandes empresas, que é a distribución alimentaria, que facturan centos de millóns de euros e impoñen duras condicións aos provedores. Ou medramos ou retrocedemos no mercado!».

Respecto do impulso ás mulleres cooperativistas, citou datos do Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social. En 2020, en Galicia, os consellos reitores contaban cun 31,72% de mulleres, tendo estas maior presenza en cooperativas máis recentemente constituídas e cun numero menor de persoas socias: «Non é mal dato, pero debemos achegarnos ao 46%», remarcou Rodríguez.

Logralo, indicou, depende de diversos factores e é que a escasa presenza activa de mulleres pode vir condicionada, por exemplo, porque, tradicionalmente, o coidado de nenos, de maiores e do fogar recaen nelas,así que urxiu aos homes a «que sexan máis corresponsables» con estas tarefas e ás cooperativas a que «non haxa atrancos que impidan a presenza de mulleres, coma horarios ou lugares de reunións».

Evitar a confrontación de xénero e impulsar a «integración de ambos os sexos na cooperativa», ademais de atraer mozas que garantan a remuda xeracional son piares fundamentais: «O rural esmorece sen a presenza da muller. Non podemos permitirnos que o agro sexa unha actividade masculinizada», asegurou.
Pola súa banda, AGACA impulsou Nós, As Mulleres, Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias (nacida en 2019, da que Carmen Rodríguez é actualmente vicepresidenta).

Para rematar, Rodríguez tivo ocasión de conversar co público, entre o que se contaban gran cantidade de estudantes da Universidade de Vigo. As súas preguntas foron recibidas moi positivamente por Rodríguez, que valorou o interese amosado pola súa experiencia.

Ler revista completa:

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}