- A xornada “Medio Ambiente e Cooperativas” terá lugar o 2 de abril de 09:30 a 14:30 h. online.
- É gratuíta e a inscrición realízase cubrindo este formulario.
AGACA imparte a xornada “Medio ambiente e cooperativas” cos obxectivos de favorecer que cooperativas agroalimentarias manteñan uns axeitados cumprimentos coa normativa ambiental de aplicación e coñezan as tendencias lexislativas, ademais de dar a coñecer alianzas e pactos que axudan e apoian o cambio cara a unhas organizacións ambientalmente responsables. A xornada permitirá tamén aclarar dúbidas relacionadas coa posta en marcha da normativa de envases e coñecer actuacións das cooperativas que impulsan a responsabilidade ambiental.
Así pois, a xornada é de especial interese para persoal técnico e persoas que ocupen cargos directivos en cooperativas agroalimentarias ou outras entidades da economía social, como poden ser membros de consellos reitores ou da xerencia, ademais de para mulleres e persoas de 18 a 35 anos socias de cooperativas.
- Lugar: online.
- Horario: 09:30 – 14:30 h.
PROGRAMA
09:30 a 10:00 h. Presentación da xornada.
D. Higinio Mougán. Director xerente de AGACA.
10:00 a 10:40 h. Actualidade normativa en materia de Envases e Residuos de Envases: aclaracións na aplicación do RD 1055/22 de envases e residuos de envases..
D.ª Susana Rivera Técnica de Cooperativas Agro-alimentarias de España.
10:40 h. Preguntas e aclaracións.
10:50 a 11:20 h. Efectos do Cambio Climático en agricultura e gandería.
D.ª Patricia Fernández. Investigadora da Misión Biolóxica de Galicia – CSIC.
11:20 h. Preguntas e aclaracións.
11:20 a 11:40 h. Descanso.
11:40 a 12:00 h. A Alianza Galega polo Clima: obxectivos, organización, recursos, apoios e participación do sector primario e da agroindustria.
D.ª Renata Fernández. Oficina Técnica da Alianza Galega polo Clima.
12:00 h. Preguntas e aclaracións.
12:10 a 12:30 h. Apoio ás cooperativas agrarias dende a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
D.ª Marta Mariño. Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
12:30 h. Preguntas e aclaracións.
12:40 a 13:10 h. A posible e necesaria colaboración entre SIGFITO e as Cooperativas Agroalimentarias de Galicia.
D. Óscar Hoyos. Responsable de Zona SIGFITO AGROENVASES, S.L.
13:10 h. Preguntas e aclaracións.
13:20 a 13:40 h. A Oficina de Coordinación Económica da Presidencia: iniciativas de economía circular e sustentable, iniciativas empresariais de interese do sector primario e agroalimentario de Galicia.
D. Juan Carlos Reboredo. Secretario Xeral da Oficina Económica de Galicia.
13:40 h. Preguntas e aclaracións.
13:50 a 14:20 h. O centro de agrocompostaje da comarca do Salnés impulsado pola cooperativa Martín Códax.
D. Xaquín Martínez. Técnico de campo de Bodegas Martín Códax.
14:20 h. Preguntas e aclaracións.
14:30 h. Clausura da xornada.
D.ª Carmen Rodríguez. Presidenta de AGACA.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()



