• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

A Universidade de Santiago lanza un programa de aceleración para proxectos de economía social

Agaca by Agaca
24 de Febreiro de 2025
in Novidades
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • ES-Factory USC-Impulsa ofrece formación, mentoría e apoio na busca de financiamento para persoas emprendedoras que desenvolvan iniciativas enmarcadas nas economías emerxentes.
  • O prazo para participar no programa de aceleración dirixido a proxectos de economía social termina o 18 de marzo.

Aceleradora ES-Factory

A Universidade de Santiago de Compostela (USC), no seu compromiso co fomento do emprendemento e a innovación social, lanza unha convocatoria de ES-Factory USC-Impulsa, un programa de aceleración dirixido a proxectos de economía social. A convocatoria permanecerá aberta ata o 18 de marzo, ofrecendo a persoas emprendedoras e proxectos de emprendemento a oportunidade de participar nun itinerario de alto rendemento para fortalecer e consolidar as súas iniciativas.

Este programa, promovido pola USC, enmárcase dentro da estratexia para impulsar a innovación e a sustentabilidade empresarial dentro das economías emerxentes da man da economía social. Durante máis de catro meses, as persoas participantes recibirán formación especializada, mentoría, titorías personalizadas e apoio na busca de financiamento, co obxectivo de acelerar o desenvolvemento de proxectos viables e sostibles no ámbito da economía social.

A aceleradora está deseñada para fomentar a creación e consolidación de iniciativas empresariais en sectores estratéxicos como a economía verde, azul, laranxa, amarela e prateada. Entre os seus principais obxectivos atópanse:

  • Identificar e potenciar novas ideas e liñas de negocio dentro da economía social.
  • Proporcionar formación e acompañamento experto.
  • Ofrecer ferramentas para a avaliación e capacitación das persoas emprendedoras, fortalecendo as súas competencias empresariais.
  • Fomentar o networking e a creación de sinerxias entre as persoas participantes e outros axentes do ecosistema de economía social.

O programa esta aberto a catro grandes grupos de persoas destinatarias da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal:

  • Persoas emprendedoras interesadas en crear e impulsar os seus proxectos empresariais de economía social.
  • Proxectos de economía social promovidos por empresas do territorio transfronteirizo xa creadas e en fase de consolidación que queiran acelerar os seus proxectos ou alcanzar un salto de escala; deseñando novos produtos, novas liñas de negocio, novos procesos de xestión …
  • Outras empresas de Galicia e do norte de Portugal constituídas baixo outras fórmulas xurídicas que queiran transformarse en empresas de economía social.

A Universidade de Santiago de Compostela, como institución de referencia na xeración e transferencia de coñecemento, reforza con esta iniciativa a súa aposta polo emprendemento e a economía social como motores de desenvolvemento sostible e innovación. A través de ES-Factory USC-Impulsa, a USC non só ofrece recursos e acompañamento aos emprendedores, senón que tamén contribúe activamente á creación dun tecido empresarial comprometido coa transformación social e o crecemento económico sostible.

As accións realizadas baixo o proxecto 0259_ES_Factory_1_E están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, que promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea.

Para máis información sobre a convocatoria e o proceso de inscrición, pódese consultar a web: https://usc.es-factory.eu/

AGACA é unha das entidades que traballa en ES-Factory. O proxecto ES FACTORY conta cunha subvención FEDER por importe de 1.368.976,08 € para o desenvolvemento do seu programa ata o ano 2026.

ES-FACTORY é un proxecto cofinanciado ó 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea no marco do Programa de Cooperación INTERREG VI-A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP) 2021-2027

Tags: ES-Factory.

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}