- A xornada “O SIGE cooperativo” terá lugar o 25 de febreiro de 09:30 a 14:30 h. online.
- É gratuíta e a inscrición realízase cubrindo este formulario.

AGACA imparte a xornada “O SIGE cooperativo” co obxectivo de favorecer que as cooperativas agroalimentarias manteñan adecuados servizos de asesoramento a explotacións de bovino no proceso de implantación das novidades normativas relacionadas coa ordenación do sector: Sistema Integral de Xestión das Explotacións de Gando Bovino (SIGE), ademais de dar a coñecer suxestións e orientacións no proceso de implantación do SIGE das explotacións de bovino socias de cooperativas de Galicia e aclarar dúbidas relacionadas coa posta en marcha da normativa gandeira.
Así pois, a xornada é de especial interese para persoal técnico e persoas que ocupen cargos directivos en cooperativas agroalimentarias ou outras entidades da economía social, como poden ser membros de consellos reitores ou da xerencia, ademais de para mulleres e persoas de 18 a 35 anos socias de cooperativas.
- Lugar: online.
- Horario: 09:30 – 14:30 h.
PROGRAMA
09:30 a 10:00 h. Presentación da xornada.
D. Higinio Mougán. Director xerente de AGACA.
10:00 a 10:50 h. Real Decreto 1053/2022, de 27 de decembro, polo que se establecen normas básicas de ordenación das granxas bovinas: normas vixentes e previsión de modificacións.
D. Victorio Collado. Técnico de Ganadería de Cooperativas Agro-alimentarias de España.
10:50 h. Preguntas e aclaracións.
11:00 a 11:20 h. Apoio ás cooperativas agrarias dende a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
D.ª Marta Mariño. Directora general de Trabajo Autónomo y Economía Social. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
11:20 a 11:40 h. O Real Decreto 1053/2022, de 27 de decembro, polo que se establecen normas básicas de ordenación das granxas bovinas: estado de aplicación en Galicia.
D. Jesús Javier Orejas. Jefe de servicio de Sanidad Animal. Consellería do Medio Rural.
11:50 a 12:10 h. Descanso breve.
12:10 a 12:40 h. O modelo SIGE en Bovino promovido polo Ministerio e a súa adaptabilidade e integración nos servizos das cooperativas.
D.ª Yolanda Parrilla. Técnica de Gandería de Cooperativas Agro-alimentarias de España.
12:40 h. Preguntas e aclaracións.
12:50 a 13:20 h. O modelo SIGE e o Plan Sanitario Integral das explotacións gandeiras socias dunha cooperativa (agora voluntario).
D. Luis Ruano. Veterinario e técnico de AGACA.
13:20 h. Preguntas e aclaracións.
13:30 a 13:50 h. O modelo SIGE, o Plan de Benestar Animal e a certificación Welfare Quality en explotacións socias de cooperativas.
D.ª Bernadette Fernández. Veterinaria e técnica de AGACA.
13:50 h. Preguntas e aclaracións.
14:00 a 14:20 h. O modelo SIGE, o Plan de Produción e Xestión de Estercos da explotación en cooperativas.
D.ª Alba Simón. Enxeñeira e técnica de AGACA.
14:20 h. Preguntas e aclaracións.
14:30 h. Clausura da xornada.
D.ª Carmen Rodríguez. Presidenta de AGACA.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()



