O proxecto ES-Factory, no que AGACA traballa xunto con outras sete entidades de Galicia e Norte de Portugal, busca o impulso e a consolidación do emprego de calidade en novas actividades emerxentes do territorio transfronteirizo que se vaian desenvolver a través da economía social.
ES-Factory nace en 2024 co obxectivo de dar un pulo ao emprendemento na economía social mediante diferentes iniciativas que se desenvolverán ata 2026.

Está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea no marco do Programa de Cooperación INTERREG VI-A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP) 2021-2027 (cunha subvención por importe de 1.368.976,08 €).
Os obxectivos xerais de ES-Factory son catro:
– Detectar novas oportunidades e liñas de negocio en actividades emerxentes de Galicia e Norte de Portugal que fomenten a retención e atracción de talento emprendedor.
– Impulsar a profesionalización do ecosistema emprendedor e potenciar, atraer e reter talento no territorio transfronteirizo.
– Crear una rede de Aceleradoras de Economía Social Transfronteiriza mediante a que desenvolver accións formativas para incrementar as capacidades e habilidades das persoas da área de cooperación, programas de asesoramento e acompañamento, espazos de encontro, de investimento e onde conectar a oferta coa demanda para dar a posibilidade de coñecer a opinión dos potenciais clientes sobre os produtos/servizos das persoas emprendedoras.
– Identificar y promocionar el peso de la economía social a través del Observatorio de la Economía Social de Galicia y el Norte de Portugal.
Traballan en ES-Factory oito entidades de Galicia e da rexión Norte de Portugal. As socias galegas son a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia (que lidera o proxecto), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL), a Unión de Cooperativas ESPAZOCOOP e AGACA. Las socias portuguesas son a Universidade de Trás-os- Montes e Alto Douro (UTAD), a Associação Centro Incubação Base Tecnologica do Minho (In.Cubo) e a Associação Universidade-Empresa para o Desenvolvimento (TecMinho).
Os obxectivos do proyecto acadaranse mediante diferentes actividades, algunhas das cales xa están en curso.
Unidade Transfronteiriza
A primeira actividade denomínase Unidade Transfronteiriza para a vinculación da economía social con outros ecosistemas emerxentes. Abrangue tres iniciativas.
Dunha banda, co obxectivo de impulsar accións de consulta para conectar a economía social con outros ecosistemas emerxentes do territorio galego e do norte de Portugal están a desenvolverse mesas de discusión e chamamentos para identificar oportunidades de negocio na economía verde, azul, prateada, laranxa e amarela. As ideas emerxentes escollidas poderán beneficiarse de difusión e acompañamento a través doutras actividades ES-Factory, mesmo ata constituírse como empresa de economía social. Esta iniciativa está en curso e algúns dos seus resultados foron presentados nunha xornada o 9 de decembro.
AGACA ocupouse, en Galicia, economía verde, mentres que TecMinho o fixo en Portugal. A economía verde promove o desenvolvemento e uso responsable dos recursos, minimizando o impacto ambiental e fomentando a xustiza climática e social. Ademais, busca impulsar a creación de empregos que axuden a preservar e restaurar o medio ambiente, fomenta a redución e reutilización de residuos e diminúe a contaminación, os gases de efecto invernadoiro e o consumo de enerxía, materias primas e auga. É baixa en carbono, eficiente en recursos e socialmente inclusiva.
Como resultado do chamamento, once entidades foron expostas por parte de Galicia e cinco por parte de Portugal, de sectores moi diversos coma o vestiario sostible ou o fertilizante orgánico a partir de vermes.
En canto á economía azul,
desenvólvese en/ou mediante ecosistemas acuáticos, como poden ser o transporte en barco ou o turismo. O chamamento busca ideas de negocio que procuran un modelo empresarial máis sostible e eficiente. A Universidade de Santiago ocuparase do chamamento en Galicia e, en Portugal, correspóndelle a In.Cubo.
A economía plateada, da cal se ocuparon en Galicia ESPAZOCOOP e en Portugal TecMinho, enfócase nos servizos de atención ás persoas maiores (sanitarios, coidados, turismo, tecnoloxía e transformación dixital, vivenda, lecer, igualdade, dependencia e actividades da vida diaria, por exemplo). ESPAZOCOOP expuxo nove proxectos que van dende espazos de encontro interxeracional ata coidado capilar, mentres que TecMinho destacou catro, que van do envellecemento activo ata avaliación de dano corporal mediante TIC.
A economía laranxa
céntrase en xerar valor a partir de ideas, coñecementos e talento creativo, polo que ten que ver coas industrias culturais (arquitectura, publicidade, moda, artes audiovisuais e plásticas, gastronomía, turismo cultural, por exemplo). Abórdana TecMinho e a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia. En Galicia supón o 2,5 % do Produto Interior Bruto (PIB) e conta con 37 400 personas traballadoras; en Portugal, acada o 2,3 % do PIB e emprega a 190 600 personas.
A economía amarela céntrase nas novas tecnoloxías da comunicación e a información (TIC), no big data e a intelixencia artificial. Dela ocúpanse In.Cubo e a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais. A entidade portuguesa lanzou unha enquisa dirixida a persoas emprendedoras, organizacións con ideas de negocio encadradas na economía amarela e organizacións das áreas social, tecnolóxica e ambiental, entre outras.
Por outra banda, desenvolveranse cinco axendas intersectoriais entre economía social e outros sectores emerxentes (por exemplo, enerxías renovables, automoción, turismo ou desenvolvemento tecnolóxico).
Finalmente, o Programa Formo-Talento tratará de identificar e dar formación a entidades prescritoras da economía social e contará cun programa de bolsas xerenciais.
Programas Piloto
A segunda actividade está enfocada a Programas piloto e recursos para a implantación de novas metodoloxías, sistemas de testaxe e apoio e consolidación do ecosistema da economía social e cooperativas de plataformas dixitais.
No marco desta actividade desenvolveranse novas ferramentas e recursos para favorecer o emprendemento en fórmulas xurídicas da economía social e unha asesoría virtual de documentos adaptados para o desenvolvemento de actividades estratéxicas no contexto da economía social.
Tamén se busca o desenvolvemento de cooperativas de impulso do emprendemento con orientación profesional, especialmente para xuventude emprendedora, estudantes e persoal de investigación. As persoas emprendedoras serán asesoradas e formadas durante todo o proceso e poderán crear a súa propia entidade ao comprobar que é viable.
Ademais, para poñer en contacto oferta e demanda, crearanse cooperativas de plataforma dixitais e sistemas de subscrición.
A terceira actividade consiste nunha rede de aceleradoras ES Factory para a creación e consolidación de proxectos de economía social promovida nos Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego. Inclúe tres iniciativas.
Dunha banda, efectuaranse cinco convocatorias de proxectos e eventos de avaliación de capacidades das persoas promotoras, que sexan innovadores, acelerables ou que impacten en colectivos de interese.
Doutra banda, crearase a Academia ES FACTORY: un programa de formación e acompañamento, apoio e coaching con sesións colectivas e individuais (mentoring). Diríxese a persoas emprendedoras que desexen desenvolver un proxecto empresarial e necesiten axuda dun mentor/a para cuestións específicas en temáticas como a xestión de equipos/proxectos, negocio, márketing, financiamento, contabilidade, proceso de internacionalización etc.
Contempla, ademais, accións formativas para o desenvolvemento de altas capacidades e a mellora das habilidades de persoas emprendedoras que permitan, dun modo práctico, abordar aqueles aspectos críticos para a creación dun proxecto de economía social.
Finalmente, nesta actividade encádranse os Espazos de encontro para o fomento da intercooperación entre empresas, investidores e clientela potencial. Buscan o impulso dos proxectos a través de dous foros de investimento e tres encontros de visibilización e acceso a produtos e servizos da economía social
Observatorio da Economía Social
ES-Factory traballará no desenvolvemento do Observatorio de economía social da Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal e no impulso da visibilización da economía social.
Os pasos a seguir para acadar o Observatorio consistirán en: impulsar unha metodoloxía que permita a recompilación de datos de entidades de economía social, elaborar un directorio/atlas de entidades de economía social e, finalmente, desenvolver o Observatorio de economía social de Galicia e o Norte de Portugal, mediante un espazo web onde se dea visibilidade ás experiencias e o coñecemento da economía social.




