- O 14 de marzo continúa o ciclo de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, cunha sesión dedicada á produción de leite ecolóxico.
- Celébrase online e a inscrición es gratuíta.
- Para inscribirse é necesario completar este formulario.

O 14 de marzo terá lugar unha xornada online dedicada á produción de leite ecolóxico, de 09:30 a 14:30 horas.
As intervencións correrán a cargo de entidades e cooperativas con experiencia na produción, compra e transformación de leite ecolóxico, ademais de cun represantante do CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia) para explicar a cualificación como explotación ecolóxica e tendencias de mercado e cun consultor que explicará o rol da gandería ecolóxica na conservación ambiental e da biodiversidade.
Programa
09:30 – Conexión e benvida a participantes.
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.
10:00 – Produción de leite ecolóxico: cualificación da explotación e tendencias de mercado.
Javier García. Secretario técnico CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).
10:45 – A gandería ecolóxica e a conservación ambiental e da biodiversidade.
José L. González. Consultor independente.
11:15 – A Cernada: o salto da produción de leite á comercialización.
Ana Corredoira. Gandeira.
11:45 – Granxa Codesal: unha longa experiencia de premios en produción de leite ecolóxico.
Ángel Rivas. Gandeiro en Exceleite.
12:00 – Breve descanso.
12:15 – O acceso aos pensos ecolóxicos: mercado.
Rafael Pardo de Andrade. Veterinario en Campoastur.
12:45 – A valorización do leite ecolóxico en Cobideza: situación e tendencias.
Román Santalla. Presidente de Cobideza.
13:15 – Casa Grande de Xanceda: O segredo do éxito en leite ecolóxico.
Guillermo Martínez. Xerencia Casa Grande de Xanceda.
13:45 – O consumo de leite ecolóxico en España.
José Sáez. Director de compras en Lactalis.
14:15 – Conclusións, comentarios finais e clausura da xornada.
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.
14:30 – Fin da xornada.
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
Os obxectivos do ciclo, que suma 12 xornadas en total, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.
As xornadas, de libre acceso previa inscrición, son de especial interese para persoas socias das cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social.
Para máis información puede chamar ao 981 58 47 83.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamiento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()



