RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumen da Orde en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.
— ORDE dO 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024. Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. DOG Nº 25 (05/02/2024).
OBXECTIVO
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (código de procedemento TR880A)
BENEFICIARIOS
-Personas trabajadoras autónomas.
-Mutualistas.
-Pequeñas y medianas empresas.
-Cooperativas y sociedades laborales.
-Empresas de inserción y los centros especiales de empleo, previstos en el artículo 6 de la Ley 6/2016, de 4 de mayo, de la economía social de Galicia,
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
1. Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciase a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022:
- Equipamento informático.
- Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira.
- Investimentos en eficiencia enerxética.
- Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
- Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
- Gastos notariais e/ou rexistrais.
- Gastos de alugamento de inmobles para a realización da actividade.
- A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran os seguintes requisitos:
– Que os activos sexan adquiridos a unha persoa terceira non relacionada coa persoa compradora.
– Que conste unha declaración da persoa vendedora sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
3. Os investimentos terán que estar realizados e pagados dentro do prazo de execución, que abrangue dende o 30 de setembro de 2023 ata a data da presentación da solicitude.
INTENSIDADE DA AXUDA
A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:
a) Con investimentos de 5.000 € ou máis ata un límite de 10.000 €, a contía da axuda será do 60 % do investimento.
b) Con investimentos de 10.001 € ou máis ata un límite de 30.000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.
c) Con investimentos de 30.001 € ou máis ata un límite de 50.000 €, a contía da axuda será do 40 % do investimento.
d) Con inversións de 50.001 € ou máis ata un límite de 100.000 €, a contía da axuda será do 30 % do investimento
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Dende o 12 de febreiro ata o 28 de xuño de 2024 ou agotamento de presuposto



