— Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos – Melide

Curso gratuíto sobre OPERACIÓNS DE GRAVACIÓN E TRATAMENTO DE DATOS E DOCUMENTOS (2023 – 2024)

  • Aínda é posible inscribirse a algúns módulos do curso Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos que se imparte en Melide. As clases comezan o 2 de xaneiro de 2024.

  • O alumnado que se incorpore ao curso o 2 de xaneiro recibirá acreditación dos módulos que supere con éxito.

Duración total dos módulos dispoñibles: 288 horas*.

*A duración completa do certificado de profesionalidade en Operacións de Gravación e Tratamento de Datos e Documentos é de 458 horas e inclúe prácticas en empresas. O alumnado que se incorpore o 2 de xaneiro non poderá obter o certificado de profesionalidade ao completo, ao non ter cursado nin o primeiro módulo nin as prácticas en empresa. O alumnado que se incorpore o 2 de xaneiro si poderá obter certificados acreditativos dos módulos que teña cursado e aprobado.

Que é un certificado de profesionalidade? Son titulacións oficiais con validez en toda España. Saber máis.

Lugares e datas de impartición:

  • MELIDE:
    Do 2 de xaneiro ao 18 de abril de 2024, en horario de 15:00 a 20:00 h., de luns a venres.

> Combina horas de formación presencial (no Centro de Formación Clun – Rúa Codeseira, 38-40 – Melide) con horas de formación mediante Aula Virtual.

Inscricións:

Para máis información e inscrición pode chamar ao 981584783 (AGACA). O prazo para inscribirse remata o 3 de xaneiro de 2024.

Ocupacións / postos de traballo relacionados:

  • Operadoras/es – gravadoras/es de datos en ordenador.
  • Auxiliar de oficina.
  • Auxiliar de arquivo.
  • Operador/a documental.
  • Auxiliar de dixitalización.

Axuda económica/bolsa

Módulos certificado:

MF0973_1: Gravación de datos (90 horas). *Este módulo comezou o 30 de novembro de 2023, polo que non é posible matricularse.

MF0974_3: Tratamento de datos, textos e documentación (150 horas).

UF0510 Procesadores de textos e presentacións de información básico (60 horas).

UF0511 Tratamento básico de datos e follas de cálculo (50 horas).

UF0512 Transmisión de información por medios convencionais e informáticos (40 horas).

MF0971_1: Reprodución e Arquivo (120 horas).

UF0513 Xestión Auxiliar de arquivo en soporte convencional ou informático (60 horas).

UF0514 Xestión Auxiliar de reproducción en soporte convencional o informático (60 horas).

MP0110: Módulo de prácticas non laborales de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos (80 horas).* O alumnado que se incorpore ao curso o 2 de xaneiro non poderá cursar o módulo de prácticas en empresas.

FCOO03-2010 Inserción laboral, sensibilización medioambiental e en igualdade de xénero (10 horas).

FCOXXX24 Formación para a Igualdade (8 horas).

  • Facebook
  • Twitter