- Está aberta a inscrición á o conferencia “O valor das cooperativas agroalimentarias”, do proxecto europeo AgriCoopValue que pretende atopar modos de pescudar o valor que achegan as entidades de economía á súa contorna, máis aló de produtos e servizos.
- Para asistir o día 27 de xullo (Hotel OCA Puerta del Camino (r/Miguel Ferro Caaveiro s/n, Santiago de Compostela) é necesario cubrir este FORMULARIO DE INSCRICIÓN.
O proxecto, no que Agaca participa xunto a outras 6 entidades de España, Grecia, Irlanda, Letonia, Irlanda e Portugal e que conta con financiamiento do programa Erasmus+, propón como obxectivos específicos os seguintes:
❖ Formar persoal técnico e formador das organizacións que representan ás cooperativas agroalimentarias na utilización do proceso de cálculo metodolóxico SPOLY, co fin de monetizar o valor social dunha organización.
❖ Avanzar na mellora da metodoloxía SPOLY mediante aplicacións específicas nos diferentes subsectores agroalimentarios (lácteos, cárnicos, froitas e hortalizas, viño, aceite de oliva etc.), a nivel europeo.
❖ Formar e informar a cooperativas agroalimentarias en canto á rendibilidade do valor social xerado poolas súas propias empresas.
❖ Sensibilizar sobre a importancia da contabilidade social fronte á contabilidade tradicional no sector da economía social.
❖ Consolidar a aceptación e recoñecemento internacional do proceso metodolóxico de cálculo desenvolvido e promover a transferencia de resultados a nivel internacional.
❖ Mellorar a imaxe das cooperativas agroalimentarias europeas, destacando o seu atractivo, contribuíndo así á mellora da súa competitividade nun mercado cada vez máis globalizado.
PROGRAMA PROVISIONAL
9:30 – 10:00 h.: Recepción de participantes e presentación do evento.
10:00-10:45 h.: Principais resultados do Proxecto para medir o valor social das cooperativas agroalimentarias. Caso práctico: a monetización do valor social de POSTOIRO S.Coop.Galega
Loli Couso, coordinadora de formación de AGACA.
10:45 – 11:05 h.: Mesa redonda: Aspectos sociais das cooperativas agrarias no Este de Europa. Principais diferencias á hora de monetizar o valor social das cooperativas.
Ivana Dević, Agencia de Desarrollo Rural del Condado de Zadar, AGRRA (Croatia).
Dzintars Vaivods, Centro de Capacitación y Asesoramiento Rural de Letonia, LLKC (Letonia).
Modera: Loli Couso/Demetrio Bedriñana.
11:05 – 11:30 h.: Café.
11:30 – 12:00 h.: Monetización do valor social de COVAP, cooperativa ganadera del Valle de los Pedroches (Córdoba).
Ricardo Delgado, Presidente de COVAP.
12:00 – 12:10 h.: Coloquio.
12:10 – 12:40 h.: As cooperativas agroalimentarias irlandesas e posibles colaboracións entre as cooperativas irlandesas e galegas.
TJ Flanagan e Billy Goodburn, Organización Irlandesa de Sociedades Cooperativas, ICOS (Irlanda).
12:40 – 12:50 h.: Coloquio.
12:50 – 13:05 h: Experiencia na participación na formación do Proxecto e posta en práctica en Viña Costeira.
Adrián Márquez, Controller de Xestión e RRHH da adega cooperativa VIÑA COSTEIRA.
13:05 – 13:35 h.: As cooperativas agroalimentarias en Portugal e posibles colaboracións entre as cooperativas portuguesas e galegas.
Domingos Godinho, Confederación Nacional de Cooperativas Agrícolas e de Crédito Agrícola, CONFAGRI.
13:35 – 13:45 h.: Coloquio.
13:45 – 14:15 h.: Clausura.
Carmen Rodríguez, presidenta de AGACA
Gabriel Trenzado, director de Cooperativas Agro-alimentarias de España
José González, conselleiro do Medio Rural.
14:15 h.: Xantar.
Toda a información sobre o proxecto AgriCoopValue en
|
![]() ![]() |





