Mellorar a capacidade das cooperativas agroalimentarias, acelerando o desenvolvemento e a asimilación de futuras competencias baseadas nas innovacións dixitais

COORDINACIÓN
ICOS, Irish Co-operative Organisation Society. Dublín (Irlanda)
DURACIÓN
O proxecto iniciouse en febreiro de 2022 e terá unha duración total de 30 meses.
CONSORCIO

8 entidades socias en representación de 7 países europeos:
-
- ICOS, Sociedade Irlandesa de Organizacións Cooperativas. Irlanda
- AGACA, Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias. España
- CONFAGRI, Confederación Nacional de Cooperativas Agrícolas e de Crédito Agrícola. Portugal.
- SNRSS, Asociación de Cooperativas Sociais. Polonia
- LLKC, Centro de Asesoramento e Formación Rural. Letonia
- Grifo Multimedia, sociedade experta en tecnología. Italia
- Changemaker AB, sociedade experta en innovación pedagóxica. Suecia
- MEDATLANTIA, S. Coop. Gallega, consultoría experta en proxectos europeos. España
FINANCIAMENTO
REFERENCIA: 2021-1-IE01-KA220-VET-000034835.
Proxecto financiado polo Programa ERASMUS+ 2021-2027; KA220-VET – Asociaciones de cooperación en materia de educación y formación profesional.
OBXECTIVOS
Os obxectivos de #LEADFARM 5.0 son: analizar as oportunidades de emprego emerxentes que ofrecen as innovacións dixitais para unha Sociedade 5.0, diagnosticar as habilidades e competencias futuras necesarias no sector cooperativo agroalimentario, desenvolver metodoloxías de aprendizaxe innovadoras e apoiar mecanismos de especialización intelixente dirixidos ás cooperativas e aos novos/as agricultores/as e gandeiros/as, promover a divulgación científica a través de novas formas de aprendizaxe accesibles que garantan a igualdade de oportunidades para os colectivos en risco de exclusión, fomentar a participación das mulleres nos novos empregos emerxentes detectados e promover a cultura e os valores cooperativos necesarios na Sociedade 5.0.
Cal é o enfoque innovador de #LEADFARM 5.0?
- Analiza as tendencias futuras que transformarán a economía e a sociedade de aquí a 2030.
- Achega innovación no sistema de formación mediante o desenvolvemento dun novo plan de estudos e contidos para os novos perfís e competencias.
- #LEADFARM 5.0 dará continuidade ao proxecto LEADFARM, reflectindo unha clara e significativa evolución cara á Sociedade 5.0, permitíndonos dar un paso máis cara a remuda xeracional e o equilibrio de xénero, para preparar mellor os/as novos/as agricultores/as e gandeiros/as e ás cooperativas agroalimentarias para as futuras tendencias derivadas do cambio dixital e do cambio climático.
FORMACIÓN
Modelo de Competencias
Como en calquera negocio, o persoal das cooperativas e granxas modernas debe ser profesional e formado en diferentes áreas. Para coñecer o seu grao de competencia serve o Modelo de Competencias LeadFarm 5.0 que se pode atopar aquí: leadfarm-project.com/competency-model/
Consiste nun arquivo Excel que lista 110 habilidades útiles nun negocio, nas seguintes áreas: robótica e TIC, medio ambiente, intelixencias social e emocional, xestión empresarial e habilidades brandas (as chamadas soft skills, como xestión do tempo, atención ao cliente ou comunicación). Cada persoa que traballa nunha entidade pode puntuar o seu grao de competencia en cada habilidade para que a entidade saiba tanto as necesidades de formación do seu persoal como as habilidades que xa domina e mesmo pode impartir ao resto de compañeiros e compañeiras que o precisen.
Plataforma de formación
Unha vez coñecidas as necesidades formativas, o proxecto ofrece a plataforma de formación, que simula unha granxa virtual que contén material didáctico sobre cada área. Organízase por temática, así que se pode escoller o máis relevante ou ben completar todo o curso. A medida que se aproban e completan as leccións, as diferentes seccións da granxa van prosperando e poden obterse logros e subir de puntuación, competindo con resto do alumnado. Para acceder cómpre crear unha conta en leadfarm.grifomultimedia.eu/
Asistente Virtual
En liña coa aposta polas novas tecnoloxías, LeadFarm 5.0 contén un virtual que funciona mediante ChatGPT e ofrece orientación personalizada, apoiando unha experiencia de aprendizaxe integral mediante un diálogo en tempo real coa persoa usuaria. Atópase na páxina de acceso á plataforma e tamén na plataforma.
Folla de roteiro para as Cooperativas Agroalimentarias: Transformación Dixital e Integración na Sociedade 5.0
Como parte do proxecto, deseñouse esta folla de roteiro para as cooperativas, con puntos crave que poden axudalas no camiño á transformación dixital e integración na sociedade 5.0.
- Hoja de ruta
- Glosario
CONTACTO EN AGACA
Ruth R. Ferreiros
rferreiros@agaca.coop
Tel. : +34 609 048 820
Máis información en:
Web do proxecto: https://leadfarm-project.com/?lang=es
LinkedIn do proxecto: https://www.linkedin.com/company/leadfarm-5-0/
Folleto informativo en formato PDF (10 Mb).
Newsletter 5 (agosto 2024): Descargar PDF.
Newsletter 4 (maio 2024): Descargar PDF.
Newsletter 3 (outubro 2023): Descargar PDF.
Newsletter 2 (xuño 2023): Descargar PDF.
Newsletter 1 (decembro 2022): Descargar PDF.
Revista coorporativa AGACA: Cooperación Galega
Esta publicación reflicte unicamente as opinións do autor/a autora e a Comisión non se fai responsable do uso que poida facerse da información contida nela.





