• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

As cooperativas agrarias da Cornixa Cantábrica urxen ás administracións garantir o funcionamento do transporte no sistema agroalimentario

17 de Marzo de 2022
en Novidades
As cooperativas agrarias da Cornixa Cantábrica urxen ás administracións garantir o funcionamento do transporte no sistema agroalimentario
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Reclamamos ao Gobierno medidas urxentes para garantir a subministración de pensos e a distribución de produtos de primeira necesidade para a actividade das explotacións.
  • As autoridades competentes deben garantir inmediatamente a saída de produtos da industria láctea, matadeiros, centros de procesado e centrais de horta.
  • Os procesos agroindustriais non poden parar por falta de subministracións agrogandeiras e insumos básicos para a transformación, envasado e expedición comercial (cartón, plástico, material de limpeza, combustibles…).

Conxuntamente as entidades representativas do movemento cooperativo agroalimentario da Cornixa Cantábrica, Cooperativas  Agro-alimentarias do Principado de Asturias,  AGACA e  AGROCANTABRIA, ante a folga de transportistas iniciada o pasado 14 de marzo, queremos poñer de manifesto a preocupación do sector polas repercusións que esta situación podería ter de prolongarse no tempo.

As fábricas de pensos están a experimentar na actualidade un total desabastecemento de materias primas, o que impide a normal subministración de pensos ás ganderías. Isto non só aboca ao sector a importantes perdas económicas, que serán proporcionais á duración da folga, senón que compromete gravemente o benestar dos animais pola desnutrición ou mesmo morte que podería provocarlles a falta de alimento.

Ante esta preocupante situación, facemos un chamamento urxente ao Goberno e aos axentes sociais implicados para que permitan a libre circulación de mercadorías ou que polo menos establezan uns servizos mínimos razoables para:

  1. Abastecer as fábricas cos medios de transporte habituais e fornecer pensos ás explotacións gandeiras cos que preservar a saúde e a vida dos animais.
  2. Garantir a recollida do leite e o transporte de animais ao matadoiro.
  3. Asegurar a saída de leite, carne e outros derivados lácteos dende as fábricas aos puntos de venda, evitando con iso o desabastecemento dos lineais e a saturación dos centros fabrís pola falta de espazo para almacenar o produto finalizado.
  4. Abastecer ás explotacións do combustible que necesitan para o funcionamento diario de máquinas e tractores, máis ante a inminente chegada da campaña agrícola en toda a Cornixa Cantábrica.
  5. A recollida de animais mortos,  subprodutos animais e os produtos derivados non destinados ao consumo humano das explotacións gandeiras para o seu posterior tratamento e eliminación.

As cooperativas agroalimentarias da Cornixa Cantábrica necesitamos que os transportistas que traballen nos servizos mínimos durante a folga o fagan nunha contorna de plena seguridade, tanto no ámbito persoal como no ámbito dos medios de produción da súa propiedade de que non serán danados. Por tanto, reclamamos para eles plena confianza de que non serán obxectivo de sabotaxes e acoso por parte de grupos violentos e incontrolados.

A Cornixa Cantábrica foi a parte de España onde primeiro comezou a paralizarse a actividade, e é onde con máis urxencia necesítase implantar os servizos mínimos para non paralizar totalmente o sector agroalimentario e causar danos irreparables.

 

AGC. AGROCANTABRIA, Sociedad Cooperativa
C/ La Espina, 50
Polígono Industrial Tános-Viérnoles
39300 • Torrelavega (Cantabria)
Telf. 942 31 25 31

Cooperativas Agro-alimentarias Principado de Asturias, Unión de Cooperativas
Pza. Santa Bárbara, 2 – 2º Of. 26 (Polígono de Asipo)
33428 – Llanera. Asturias
comunicacion@asturias.coop
Telf. 657337093

17/03/2022

Etiquetas: Cooperativas Agro-alimentarias de España.
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.