- O curso gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientalis”, que se pode seguir online, comenza o 16 de agosto e conclúe o 23 de setembro.
-
A inscrición pode realizarse na ligazón https://bit.ly/curso-certificacions.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias ( AGACA) retoma en 2021 a formación a distancia e gratuíta relacionada coa calidade alimentaria, coa preservación do medio ambiente e coa divulgación do papel do cooperativismo nestes eidos.
O curso “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais”, que se pode seguir a través dunha plataforma de teleformación, permite ao alumnado avanzar ao seu ritmo e acceder aos materiais formativos en calquera momento, entre o 16 de agosto e o 23 de setembro. O tempo estimado para completar a formación é de 70 horas.
| Unidade | Denominación | Nº Horas | Módulos |
| I | Cooperativismo no sector primario | 10 hs | 1. As cooperativas |
| 2. Marco legal do cooperativismo | |||
| II | Certificacións de calidade | 40 hs | 3. ISO 9001 |
| 4. Certificacións en vacún de leite | |||
| 5. GLOBAL GAP | |||
| 6. BRC/IFS | |||
| 7. ISO 22000 | |||
| III | Certificacións ambientais | 20 hs | 8. ISO 14000 (14063, 14067…) |
| 9. Análise do ciclo de vida | |||
| 10. Pegada de carbono | |||
| 11. Pegada hídrica |
Pode descargar aquí o programa completo (PDF).
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamiento do Ministerio de Traballo e Economía Social.





