- O 13 de maio ás 14:00 finaliza o prazo para presentar proxectos á aceleradora Business Factory Food (BFFood).
- Ofrece un programa de aceleración (enfocado a iniciativas emprendedoras na súa fase inicial) e outro de consolidación (enfocado a empresas xa constituídas cun produto ou servizo definido e primeiras vendas xa realizadas).
- Información para inscribirse atópase na web https://bffod.gal.
Business Factory Food ( BFFood) a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), mantén aberto o prazo de presentación de proxectos para optar a formar parte da súa IV Edición ata o 13 de maio ás 14.00 horas. Poden optar a esta candidatura proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais como internacionais, que dean resposta aos retos do sector.
BFFood ofrece programas de coaching, formación especializada, acceso a infraestruturas científico-técnicas e servizos avanzados, mentoría dos líderes do sector, financiamento directo e acceso a investimento, así como a unha rede de networking no ecosistema de innovación alimentario.
Para la IV Edición seleccionaranse ata seis iniciativas para o programa de aceleración, de 9 meses de duración, e ata seis para o de consolidación, de 12 meses de duración. O programa de aceleración está enfocado a iniciativas emprendedoras na súa fase inicial, que estean a desenvolver ou desenvolvesen un produto ou servizo mínimo viable e esbozado un modelo de negocio. O de consolidación, a empresas xa constituídas cun produto ou servizo definido e primeiras vendas xa realizadas.
En concreto, os proxectos de aceleración accederán a unha financiación por parte de Gain de 25.000€ a fondo perdido e dun préstamo participativo, que podería conlevar unha opción de capitalización, de ata un máximo de 50.000€, a través de XesGalicia. No caso dos proxectos de consolidación, poderán acceder a un préstamo participativo que podería conlevar unha opción de capitalización de ata un máximo de 250.000€ por parte de XesGalicia.
AGACA participa no omité técnico da aceleradora e algunhas das cooperativas socias figuran como empresas tractoras e mentorizando os proxectos participantes.