AGROSMARTglobal celebrou en La Rioja as xornadas formativas sobre internacionalización dixital los días 16 e 17 de novembro

Agaca
Por Agaca Novembro 17, 2021 15:43

ACTIVIDADES

Decembro 2021

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 155 – Outubro 2021

    — Editorial: Urxe tomar medidas
    — A Fondo: O peso das adegas cooperativas
    — Caderno Técnico: Innovación: horta ecolóxica, Faba de Lourenzá e localización de explotacións

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O obxectivo do proxecto europeo Interreg Sudoe AGROSMARTglobal é facilitar a internacionalización do sector agroalimentario de España,Francia e Portugal nos mercados de China e Estados Unidos mediante estratexias dixitais.

As xornadas, celebradas no Espazo Lagares de Logroño, A Rioxa, orientáronse a mellorar as competencias do persoal técnico dos socios AGROSMARTglobal en materia de internacionalización dixital, de forma que posteriormente poidan asesorar ás cooperativas e pemes do sector agroalimentario das súas demarcacións.

Participaron:  AGACA -Socio Líder do Proxecto AGROSMARTglobal, KONFEKOOP (Confederación de Cooperativas de Euskadi), Cooperativas Agro-alimentarias de Castela-A Mancha, AMVOS Worldwide Digital e A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Servizos da Rioxa.

Como relatora contouse coa experta en Ecommerce e Marketplaces Internacionais, María del Rosario Sánchez López, da empresa Lonesome Dixital Advisory.

O proxecto AGROSMARTglobal está deseñando escaparates agregados de empresas do sector agroalimentario da área SUDOE -Francia, España e Portugal- para acceder aos mercados dixitais de China e EE. UU. As plataformas B2 B seleccionadas para aloxar estes escaparates son: Importfood.net e Putaojiu.com para China e Rangeme.com e Alibaba.com para o mercado de Estados Unidos. Tamén se ofrecen servizos de consultoría gratuítos para cooperativas e pemes en materia de internacionalización dixital.

AGROSMARTglobal está cofinanciado polo Programa InterregSudoe 2014-2020 dentro do eixo prioritario de fomento da competitividade e a internacionalización das pemes do Suroeste europeo.

As dez rexións do espazo europeo SUDOE que abarca este proxecto son: en España: Galicia, Castela-A Mancha, País Vasco e A Rioxa; en Francia: Nova Aquitania e en Portugal: Norte, Algarve, Centro, Lisboa e Alentejo.

Os socios do proxecto, cuxo horizonte temporal é 01/10/2019 – 31/03/2023, son

  • AGACA: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias. Beneficiario principal e coordinador.
  • Cámara Oficial de Comercio, Industria y servicios de La Rioja.
  • Cooperativas Agroalimentarias de Castilla La Mancha.
  • KONFEKOOP: Confederación de Cooperativas Agroalimentarias de Euskadi.
  • AMVOS Worldwide Digital. Consultora de Marketing Dixital.
  • Association des Régions Européennes des Produits d´Origine, AREPO, Francia.
  • La Coopération Agricole, Francia.
  • Chambre du Commerce et Industrie de Limoges et Haute-Vienne, Francia.
  • UTAD: Universidade de Trás-os-montes e Alto Douro, Portugal.
  • CONFAGRI: Confederação Nacional das Cooperativas Agrícolas, Portugal.

17/11/2021

Agaca
Por Agaca Novembro 17, 2021 15:43
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

<